O alcalde convida a Martínez Sanjurjo a acudir á Xustiza "se tan seguro está do seu proceder antidemocrático"
Acusa ao PP de Ordes de "desorganización" e de carecen dun programa propio
O equipo de Goberno do Concello de
Ordes ven de manifestar o seu "completo
rexeitamento" ás manifestacións realizadas polo PP, nas que se acusa ao alcalde, Manuel Regos, de querer aprobar os orzamentos deste ano en pleno extraordinario e “de maneira
antidemocrática aproveitando que o novo concelleiro popular aínda non tomou posesión”
.
Pola súa parte, o alcalde manifestou que “o interventor municipal leva traballando a reo para poder presentar estes
orzamentos dende hai moitos meses". Tamén afirmou que "comprende" que o portavoz municipal dos populares, José Luis Martínez Sanjurjo, "leva pouco
tempo en política e é fácil que non saiba con detalle os procedementos e os
tempos a seguir neste tipo de trámites". Regos asegura que "resulta técnicamente imposible preparar
e axustar unhas contas como estas en tan só quince días”.
Respecto á renuncia do concelleiro popular Pedro Carrasco, o alcalde asegura que non soubo da súa renuncia "ata ese momento por mor da celebración do pleno ordinario do mes de
xuño". Ademais, “en múltiples ocasións manifestamos a nosa intención de aprobar as contas
municipais no verán como moi tarde”, asegura. Regos, tamén aconsellou ao portavoz do PP de Ordes "que acuda de inmediato á Xustiza se tan seguro está de que o meu proceder é antidemocrático e irregular".
O primeiro edil manifesta que esta
situación ven a "exteriorizar" os problemas internos do Partido Popular de Ordes “derivados
dunha situación de desorganización, desentendemento, así como pola ausencia dun
programa propio para os veciños do municipio". Regos asegura que nin eles nin ninguén pode facer
unha boa labor política en Ordes se as
pautas veñen dadas dende outros lugares, incluso de fóra de Galicia”.
Dende o Goberno municipal tamén tildan de "mentira" as acusacións de ocultamento de
información xa que dende hai meses, aseguran, "a todos os partidos se lles fai chegar a
través de internet e de maneira periódica as cuestións e informes requeridos". Unhas
manifestacións que según o equipo de Goberno "obedece á intención de querer
confundir ao electorado".
No caso de que os partidos ou os seus representantes demanden
algún dato ou documentación adicional, os técnicos municipais os proporcionan nun breve espazo de tempo. “No caso deste pleno
extraordinario convocado para as 10:00 horas do vindeiro venres a documentación
precisa se lles enviou con máis dunha semana de antelación, polo que non ten
cabida ningunha crítica en relación a este asunto”, asevera Regos Boquete.
Manuel Regos Boquete. |
Orzamentos de 13,5 millóns
Este ano os orzamentos do municipio ascenden a 13,5 millóns de euros,
unha cifra lixeiramente superior aos 13,32 do exercicio 2011. “Un
incremento sintomático da verdadeira situación deste Concello e das súa
situación financieira, así como dos criterios empregados para á hora de
investir os cartos públicos”.
Por último o alcalde de Ordes nega as acusacións de ocultamento da débeda do municipio con estes orzamentos. Regos indica que “éste
é un argumento absurdo e que non se sostén por sí mesmo xa que os orzamentos
municipais están desglosados punto por punto, indicando pormenorizadamente a
procedencia dos ingresos e os gastos que se realizarán”.
*