Descubrir a
biodiversidade galega e incidir na preservación medioambiental, principais
obxetivos desta exposición que poderá visitarse ata o venres
Xestión de visitas guiadas no teléfono 981 680002
Dende hoxe a Casa do Concello de Ordes
alberga no primeiro e segundo andar unha ampla mostra, onde os visitantes
poderán coñecer e descubrir os aspectos máis destacados da biodiversidade
galega.
Xogos e obradoiros
Baixo o título 'Galicia, conservando
a natureza' amosarase ata o próximo venres 27 de xullo a singularidade dos espazos naturais protexidos,
ademáis de concienciar sobre a importancia da conservación do medio natural e o
seu papel na preservación do entorno e das especies.
Así, os visitantes poderán valerse
de xeito gratuíto de material visual, xogos e obradoiros cos que comprobará a
gran cantidade e diversidade de espazos protexidos do noso territorio e a
singularidade das especies animais e vexetais que se poden atopar neles.
Con esta
exposición o Concello de Ordes márcase como obxetivo que os visitantes entendan
o significado das figuras de protección e o que conlevan, incidindo na
importancia do desenvolvemento de actitudes responsables na conservación
medioambiental por parte de todos. Para elo dende a Concellería de Medio
Ambiente ofrécese a posibilidade de realizar visitas guiadas solicitándoas previamente no teléfono 981 680002.
*