miércoles, 4 de julio de 2012

Fomento reforzará a sinalización e o firme da N-550 ao seu paso por Ordes

Copia da resposta do Goberno a Francisco Jorquera.
En resposta a unha pregunta de Francisco Jorquera (BNG) en Madrid



O Ministerio de Fomento vén de respostar á demanda do portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, de mellora da N-550, que “o Ministerio está a redactar un proxecto de rehabilitación estrutural do firme da N-550 no tramo Ordes e Santiago, que contempla tamén actuacións de sinalización para a mellora da accesibilidade e da seguridade vial”.
Rehabilitación do firme
A resposta do Goberno a través do seu Ministerio de Fomento asegura que se "ten previsto" o reforzo "da sinalización horizontal e vertical da N-550 entre Ordes e Santiago". Tamén que o Goberno está traballando na redacción dun "proxecto de rehabilitación estructural do firme da estrada N-550 entre Ordes e Santiago". 

*