Os populares anuncian que as obras darán comezo durante as vacacións do Nadal
Martínez Sanjurjo: "No PP somos xente de palabra"
Logo da denuncia do silencio do xefe territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana, respecto dos investimentos prometidos pola Xunta de Galicia no CEIP Campomaior, o Partido Popular de Ordes reitera que a Xunta de Galicia "investirá un total de 50.000 euros en diferentes actuacións
para a mellora da dotacións" do centro.
A decisión, comunicada no seu
momento pola Xunta de Galicia á comunidade escolar, foi reiterada pola candidata do PP ao
Parlamento de Galicia e ata hai pouco delegada territorial da Xunta de
Galicia na Coruña, Belén Do Campo, no transcurso dun mitin celebrado no Mesón
do Vento coa asistencia de 250 persoas.
O Partido Popular de Ordes valora o interese e a implicación da ANPA do CEIP Campomaior de cara a conseguir melloras para o centro, actitude que sempre contará co pleno respaldo e a comprensión do PP.
Así, e sempre segundo o PP de Ordes, as obras proxectadas permitirán mellorar o equipamento do
centro, con novos baños e outras dotacións adicionais. As actuacións
anunciadas iniciarase coincidindo coa
proximidade das vindeiras vacacións de Nadal, para evitar interferir no normal
desenvolvemento da actividade escolar.
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“No PP somos xente de palabra, cun equipo que só se compromete a executar o que pode pagar, polo que o investimento no CEIP Campomaior está fora de toda dúbida”
De esq.a der. Pablo Vidal, María Xosé Bravo, Gonzalo Castro, Paula Castenda e Gonzalo Veiras.
Pablo Vidal: "Feijóo dixo que remataría coa crise en 45 días e hoxe, o noso país ten 113.000 parados máis"
María Xosé Bravo reclama "máis democracia, máis traballo e máis soberanía" da mán do BNG
O BNG celebrou a pasada noite ante algo máis dun cento de veciños o seu mitin
central electoral no restaurante O Túnel de Ordes. O encontro deu comezo coa intervención de Paula
Castenda, do BNG de Ordes, quen centrou a súas palabras en amosar a necesidade
dun “cambio de políticas e non de políticos” e de apoio ao emprego da mocidade. “Os
mozos e mozas galegos e galegas se merecen un traballo digno e un futuro mellor”,
expresou.
Paula Castenda, do BNG de Ordes, reclamou máis políticas a favor do emprego da mocidade.
"Revelémonos fronte á dereita"
“Cada día, setenta mozos e mozas abandonan este país”, denunciaba
Castenda. “Vos pido que nos revelemos fronte á dereita e contra os poderes
económicos”, decía. “Galiza necesita un cambio real e iso pasa polo BNG”,
concluiu.
Podes ver o vídeo do mitin premando baixo estas liñas:
Pola súa parte, Gonzalo
Veiras, do BNG de Ordes, denunciaba a “barbaridade” que resulta que cada vez máis xente nova
abandona o seu fogar no noso país para buscar un futuro mellor noutros países. “Isto non
poder seguir así, e dende o BNG imos frear esta sangría de xente nova que ten
marchar fora do noso país”.
Pablo Vidal, responsable da campaña do BNG, durante a súa intervención.
"Mentiras de Feijoó"
Pablo Vidal, responsable da campaña local do BNG en Ordes expuso as “mentiras”
do Goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia. “Solo Núñez Feijóo ten 46 asesores
que lle custa aos galegos e galegas 2,3 millóns de euros cada ano”, asegurou. “Feijóo
dixo que acabaría coa crise en 45 días; hoxe, Galiza ten 113.000 parados máis”,
denunciou Vidal.
Gonzalo Castro denunciou que o Goberno de Feijóo e o PP "non entenden á xente".
"Feijóo e Rajoy viven no mundo dos yuppies"
Chegado o turno do portavoz municipal, Gonzalo Castro, as críticas ascentuáronse
na labor do Goberno do Partido Popular durante os últimos tres ano e medio. “É
un Goberno que non entende á xente, non viven na realidade; Feijóo e Rajoy
viven, non nos mundos de Yupi, senón no mundo dos yuppies que son os únicos aos
que defenden”, afirmou.
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, onte durante a súa exposición.
“O BNG está do lado dos traballadores, e está fronte a
esas minorías que nos queren facer pagar as consecuencias da crise: unha crise que
non causamos nós, senón o gran poder financeiro”, concluiu Castro.
María Xosé Bravo, concelleira do BNG na Coruña, afirmou que "o BNG ten demostrado que está coa xente".
"Máis soberanía para Galiza"
Finalmente, María Xosé Bravo, concelleira do BNG na Coruña, expuso a
necesidade dunha "maior soberanía para Galiza” e a necesidade de “crer máis no
noso país” e na súa riqueza agraria, pesqueira e industrial. Asegurou que o BNG
é a única forza que non ten máis compromisos fora dos galegos e galegas “e nón
coma o PP, PSOE ou Izquierda Unida que teñen que mirar e consultar en Madrid o
que lles convén”.
A concelleira afirmou que “o BNG ten demostrado que sempre
estivo nas rúas coa xente, nas tratoradas, nas folgas xerais, nas
manifestacións estudiantís”. Finalmente rematou a súa intervención pedindo o voto
para o BNG como “forza alternativa asentada en tres pilares fundamentais: máis
democracia, máis traballo e máis soberanía”. *
Pedreira -PSOE- (esq.) e Gonzalo Castro (BNG) entre Pablo Quinteiro.
O debate de Radio Ordes resultou un cara a cara entre o socialista e o nacionalista O debate que co gallo das eleccións autonómicas celebrou Radio Ordes esta noite finalmente non contou coa presenza dun representante do Partido Popular. Miguel Prado Patiño, exalcalde de Frades e agora candidato ao Parlamento de Galicia polo Partido Popular, si confirmara a súa presenza uns días atrás, ainda que finalmente non compareceu á cita ante os micrófonos da radio municipal. Quenes si expresaron as súas ideas fronte aos escoitantes de Ordes foron o secretario xeral da Agrupación socialista de Ordes, Xesús Pedreira, e Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes. *
O xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia visitou o centro en marzo e "garantiu" unhas melloras a día de hoxe inexistentes O Consello Escolar do CEIP Campomaior ven de solicitar ao xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, Indalecio Cabana "que realice canto antes as obras de mellora no centro" que "prometeu" durante a súa visita ao centro de ensino no pasado mes de marzo. Cabana "indicou que non era posible facer unha ampliación, por razóns orzamentarias, pero si as modificacións que se lle pediron", sinala Mercedes Barros, presidenta do Consello Escolar do centro de ensino ordense. En concreto, se trata da adaptación dos baños das aulas de Educación Infantil, o traslado da aula de informática a outra dependencia, unha nova dotación de ordenadores, unha cuberta do paso do alumnado de transporte e outra para o patio de Educación Infantil. Promesas Segundo denuncia agora o Consello Escolar, nunha "recente entrevista" que concedeu á dirección e a representante da Asociación de Nais e Pais (ANPA), Indalecio Cabana "seguiu prometendo" a realización dunhas melloras que a día de hoxe non se executaron. *
Máis información e inscricións no departamento de Emprego e Formación na Casa do Concello
O Concello de Ordes ven de convocar un
novo curso de manipulador de alimentos. O prazo de inscrición manterase aberto
ó longo dos vindeiros días, tendo un coste total de 25 euros. A duración do
curso será de dez horas en total, tres das cales serán prenciais e as restantes on
line. As clases terán lugar na Casa da Cultura de Ordes.
Por outra banda tamén está aberta a segunda convocatoria para o curso de
condución de carretillas. En total son dezaoito horas de formación presencial nas
que se inclúen, ademais de coñecementos teóricos, unha parte práctica que se
desenvolverá nas instalacións do mercado de gando, ubicadas en Mesón do Vento.
Inscricións
Os interesados en inscribirse en ambos cursos pódenno facer no
departamento de Emprego e Formación, situado no primeiro andar da Casa do Concello, ou ben obter máis información a través dos números 981 680002 ou
981 680157. Dita información tamén se pode consultar na web do Concello www.concellodeordes.com.
Instalarase no Campo da Feira de
Mesón do Vento (24 a 29 outubro) e polígono industrial de Merelle (30-31 outubro e 5-6 novembro)
Citas no teléfono 881 920 978
Durante os días 24, 25, 26 e 29 de outubro instalarase no campo da feira
de Mesón do Vento a unidade
móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas. O horario de atención ó público irá de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, agás na
última xornada na que soamente prestará servizo en horario de mañá. Por outra
banda o polígono industrial de Merelle tamén servirá de ubicación durante os
días 30 e 31 de outubro e 5 e 6 de novembro. Novamente o horario irá de 09:00 a 13:30 horas e de 15.15 a 18 horas, salvo na
última xornada na que únicamente se atenderá durante a mañá.
Cita previa
Aquelas persoas que desexen solicitar cita previa poden facelo a través
do teléfono 881 920 978. Os propietarios de vehículos con características
particulares deberán ter en conta que a súa admisión estará condicionada á
posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
Será o sábado 10 de novembro no restaurante El Túnel a un prezo de 25 euros por persoa
Reservas no restaurante El Túnel ata o 7 de novembro
A Asociación Contra o Cancro de Ordes
celebrará o próximo sábado 10 de novembro a súa cea anual. Unha cita coa que se
pretende recatar fondos para a loita contra esta enfermidade e que cada ano ve
incrementarse o número de asistentes.
Como é costume o encontro terá lugar no céntrico restaurante El Túnel,
onde se degustará un menú composto de pinchos variados, merluza á galega e unha
ampla variedade de postres e café. O prezo por asistir a este evento é de 25
euros, cinco dos cales irán destinados á asociación. Unha vez máis os organizadores
contarán coa colaboración dos establecementos e comercios do Concello, que
donarán gratuitamente agasallos para sortear entre todos os comensais.
Aqueles que queiran asistir poderán
adquirir a súa entrada no mesmo restaurante, ubicado na rúa Alfonso Senra, ata
o 7 de novembro.
O candidato socialista, Pachi Vázquez, no centro; detrás, o secretario xeral local, Xesús Pedreira.
O candidato socialista comprométese a destinar 60 millóns de euros anuais á creación de emprego feminino
O candidato socialista á presidencia
da Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse hoxe a destinar 60 millóns de euros ao
ano para a creación de emprego feminino, que beneficiaría a integración laboral
de 28.000 mulleres en catro anos.
Viriato: 145 traballadores
Así o salientou nunha visita á
empresa textil ordense Viriato, na que estivo acompañado polo candidato pola
provincia da Coruña, José Luís Méndez Romeu e o secretario xeral da Agrupación local socialista, Xesús Pedreira. Pachi Vázquez puxo esta empresa
como exemplo da integración laboral da muller, xa que conta con 145 traballadores en plantilla, dos
que o 80 por cento son mulleres.
Informática,
fotografía dixital, arte floral ou tenis de mesa entre outros.
Como novidades haberá un curso de estimulación
temperá para bebés e adestramento canino
O Concello de
Ordes ven de ampliar o prazo de inscrición do seu circuito cultural e deportivo
ata o vindeiro 25 de outubro. Este ano
ofértanse clases de informática, fotografía dixital, arte floral, cociña,
estimulación temperá para bebés (xogos, masaxes...), xabróns artesanais,
xoiería e bisutería, adestramento canino, tenis de mesa e cursos
medioambientais.
Os interesados poderán anotarse ou obter máis información do
Departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, situado no primeiro andar da Casa do Concello.
Alberto Núñez Feijóo e os dirixentes populares participantes no mitin do Partido Popular, onte en Ordes.
Martínez Sanjurjo: "A Xunta de Galicia gobernada polo PP foi quen paga as obras que se fixeron en Ordes"
Diego Calvo: "En Galicia non pode pasar como nas eleccións de Andalucia; nos xogamos o noso futuro"
Alberto Núñez Feijóo asegurou que Galicia "paga aos seus acredores"
O Partido Popular celebrou na noite de onte o seu mitin central electoral en
Ordes coa presenza do candidato á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Ante preto de 800 persoas, a intervención de Feijóo estivo precedida polas
exposicións do portavoz municipal popular, José Luis Martínez Sanjurjo, o
presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o candidato ao Parlamento de
Galicia, Pedro Puy. Entre o público asistente, déronse cita na discoteca LP-45
os alcaldes de Trazo, Tordoia ou Frades, ademais dos portavoces populares de
Oroso e Mesía.
Martínez Sanjurjo lembrou aos asistentes os logros do Partido Popular en
Ordes como principal pagador de todas as obras que se levaron a cabo durante os
últimos anos. Ademais, alerou dos perigos que un “muchipartido” levaría a unha
Xunta de Galicia “á desgraza”. Fronte a esta amenaza, Sanjurjo definiu ao
candidato dos populares, Alberto Núñez Feijóo, coma “un home de palabra”.
O portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, durante a súa intervención.
"Apoio a un Goberno sólido"
Pola súa parte, o presidente da Deputación, Diego Calvo, exclamou que agora
“non se poden tirar catro anos de traballo pola borda” e que resulta “trascendental”
o apoio a un “Goberno sólido” coma o do Partido Popular. “Nestes catro anos a
nosa prioridade foron os cidadáns, por iso a nosa decisión foi a de gastar
menos no Goberno e máis nos nosos veciños”, asegurou Calvo.
“Galicia é unha
referencia para o resto das Comunidades Autónomas. En Galicia todos os
funcionarios cobran os seus salarios, e mentres outros pechan hospitais, nós
ampliamos o da Coruña e abriremos un novo en Vigo”, afirmou. “Nós deixamos de
gastar o que non se ten e pagamos todo o que se debe. Ninguén nos pode acusar
de non pagar o que debemos, e por iso, pedimoso voto agora, orgullosos do noso
traballo”.
Podes ver o video do mitin premando baixo estas liñas:
"Galicia se merece un presidente como Feijóo"
Tamén alertou Diego Calvo de non confiarse na victoria que dan as enquisas.
Lebrou que en Andalucía tamén se daba por gañador ao popular Javier Arenas e
finalmente non foi así. “Isto non pode pasar en Galicia, porque xogámonos o
noso futuro. Un partido serio e responsable que se enfronta a unha amalgama de
marcas electorais que unicamente buscan o reparto do botín”, afirmou, para
concluir que “Galicia se merece un presidente como Alberto Núñez Feijóo”.
O presidente da Deputación da Coruña, o ferrolán Diego Calvo Pouso.
Déficit herdado do Bipartito
O candidato ap Parlamento Pedro Puy comezou a súa exposición ofrecendo cifras
comparativas entre o Bipartito e o Goberno de Núñez Feijóo. Así, segundo Puy, “o
PP atopouse cun déficit de 19 mil millóns de euros herdados do Goberno bipartito”,
unha lexislatura na que a débeda galega “creceu en 800 millóns de euros”
durante o goberno PSOE-BNG.
Pola contra e segundo Puy, “o Goberno de Núñez
Feijóo priorizou o gasto social, creáronse dezasete centros de saúde e dos
hospitais, somos a Comunidade Autónoma con menos alumnos por aula, e baixou o
fracaso escolar”. Respecto ás pensións, Puy Fraga asegurou que “non existe
ningún dato que diga que as pensións en Galicia vaian baixar”.
O público asistente, na pista da discoteca LP-45.
Feijóo: "Galicia paga aos seus provedores"
A poucos minutos das once da noite, o candidato á Presidencia da Xunta de
Galicia, Alberto Núñez Feijóo, facía entrada no recinto entre os aplausos dos
asistentes. Feijóo asegurou que “Galicia paga aos seus provedores, sendo unha das
Comunidades con menos débeda de España”.
O candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, onte en Ordes.
Feijóo recoñeceu que “efectivamente, non
cumprimos con todos os nosos compromisos, pero podo asegurarvos que si
cumprimos co noso deber”, asegurou. “O trato con Galicia non era gastar o que
non tiñamos, e iso fixemos. Xestionamos a confianza das galegos co maior rigor
e responsabilidade”, asegurou.
Bipartido máis dividido
Respecto ao resto das forzas concurrentes ás eleccións, Núñez Feijóo
asegurou que “o bipartito está hoxe máis dividido que nunca, máis enfrontado e
menos cohexionado que fai catro anos. Un presidente da Xunta ten que ter
a competencia de formar un Goberno. Ninguén dos outros cinco partidos sabe a quen pode nomear”. Nun simil,
Feijó afirmou que “non se pode conducir un tractor con cinco conductores”. Finalmente, o candidato do Partido Popular
dixo que “Gobernar non é gastar; estamos mal, pero imos ben”.
O mitin dos populares onte en Ordes congregrou arredor de 800 persoas.
Logo da polémica sobre a participación ou non do PP e do "veto" popular a Gonzalo Castro, o encontro terá lugar o xoves 18 ás 21:00 horas na Casa da Cultura
A entrada é totalmente libre e gratuita para todos aqueles que queiran participar como público
Co gallo das eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o próximo domingo 21 de
outubro, Radio Ordes celebrará dous encontros entre diversas forzas concurrentes ás furnas. O primeiro deles terá lugar o mércores 17 ás 21:00 horas e participarán representantes de Converxencia XXI, Compromiso por Galicia (CxG) e Alternativa Galega de Esquerdas (AGE). Aínda está pendente a confirmación de UPyD.A citaserá retransmitida en directo a través do dial 107.3 FM, así como polo seu
blog (www.radioordes.com).
O día seguinte, xoves 18 ás 21:00 horas, será o turno para as tres forzas parlamentarias: PP, PSdG-PSOE e BNG.Os participantes nesta ocasión serán Miguel Prado Patiño (PP), candidato ao Parlamento e
exalcalde de Frades; Xesús Pedreira (PsdeG-PSOE), secretario xeral da Agrupación local socialista de Ordes e
tamén candidato ao Parlamento; e Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, que logo de denunciar un "veto" do PP a súa participación, estará finalmente fronte aos micrófonos de Radio Ordes.
Programación especial das eleccións
O mesmo domingo 21, días das eleccións, a partir
das 22.30 horas, Radio Ordes emitirá un programa especial no que se ofrecerán os resultados oficiais. Entre outros datos se especificarán os datos de cada mesa
electoral ubicada no noso concello, ademais de contar coas valoracións e primeiras
impresións dos principais líderes políticos do municipio.
O exalcalde compostelán, Sánchez Bugallo, onte no mitin central do PSdG-PSOE en Ordes.
Os socialistas consideran que Núñez Feijóo "fracasou" no seu mandato ao "non cumplir co que prometeu antes de chegar á Xunta" Xesús Pedreira: "Grazas a Pachi Vázquez, Ordes ten hoxe un paseo fluvial" O PSdG-PSOE celebrou na noite de onte no restaurante El Túnel o seu mitin central da campaña electoral das eleccións autonómicas do 21 de outubro. Ante preto de 150 persoas, o encontro contou coas intervencións do secretario da Agrupación socialista de Ordes, Xesús Pedreira, do exalcalde de Santiago de Compostela e candidato ao Parlamento de Galicia, Xosé A. Sánchez Bugallo, e da deputada do PSOE co Congreso Soraya Rodríguez.
Xesús Pedreira lembrou o convenio de Sogama con Ordes durante o Goberno socialista na Xunta de Galicia.
Pedreira: "Feijóo non viu nin unha soa vez a Ordes" Loga dunha breve presentación, Pedreira quixo lembrar ao asistentes a aportación do agora candidato socialista á Xunta de Galicia, Pachi Vázquez, ao concello de Ordes. "Grazas a Pachi Vázquez, por aquel entonces conselleiro de Medio Ambiente, hoxe temos en Ordes o paseo fluvial. Grazas a Pachi Vázquez tivemos un convenio anual de cen mil euros anuais con Sogama", afirmaba o socialista. Podes ver o video do mitin premando baixo estas liñas.
Tamén insistiu Pedreira en que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, "non ten preocupación algunha polo que nos acontece aos ordenses", porque Feijóo "non viu nin unha soa vez a Ordes durante todo o seu mandato. So agora o fará, e solo será para pedir que o voten e marchar para non volver", criticou o socialista.
Entre os asistentes, en primeira fila a segunda pola esquerda, a candidata ao Parlamento Paula Castiñeira.
Bugallo: "Feijóo dixo que remataría co paro en 45 días" O exalcalde compostelán comezou a súa exposición lembrando a figura de Xerardo Estévez, alcalde compostelán que coma el "foi capaz de construir unha cidade con amplas zonas verdes, garderías, dotacións e equipamentos, un modelo de cidade solidaria. Son as cidades segregadas as que nunca contaron cun alcalde socialista", asegurou Bugallo. Ante o "desánimo" que "un medio de comunicación" -en referencia a La Voz de Galicia- quere causar nos votantes progresistas dándolles a entender que "non vaian a votar, que total, xa está todo perdido...", Sánchez Bugallo lembrou moitos precedentes nos que os datos das enquisas non se axustaron logo á realidade do día das furnas. "Non hai lugar para o desánimo nos socialistas", decía, convencido de que a sociedade galega "non confiará" novamente nun candidato como Núñez Feijóo e o seu partido, o PP, que "non foi quen de cumprir co seu programa electoral".
Alcaldes e concelleiros do PSOE da nosa comarca tamén asistiron ao mitin socialista.
"Noventa novos parados cada día" "Durante a campaña do 2009, Feijóo decía que nada máis chegar á Presidencia poría en marcha un plan especial contra o paro, e que a partir do 45º día remataría co paro en Galicia". A realidade case tres anos despois, asegurou o socialista "é que o paro non deixou de aumentar durante o seu mandato. Noventa parados cada día. Hai 50.000 mozos e mozas en paro, a metade deles son universitarios, 55 deles marcha cada día da nosa terra en busca de oportunidades fora", afirmaba Sánchez Bugallo. Tamén Sánchez Bugallo expuso aos asistentes o "ano de nove meses" que conseguiu que"fraudulentamente", a Xunta de Galicia logrou equilibrar o deficit do ano 2011. "Foi o señor José Antonio Orza, conselleiro dezaseis anos con Fraga e máis de vinte como deputado polo PP, e hoxe conselleiro do Consello de Contas de Galicia, quen descubriu e denunciou como Feijóo logrou supostamente equilibrar o deficit do ano 2010, e foi non aceptando facturas logo do mes de setembro, e que todas as facturas do último trimestre do ano entraran xa en xaneiro". Así, con este "ano de nove meses" foi como Feijóo "pretendeu facernos crer que cumpriu o déficit, cando en realidad o que fixo foi ocultar 400 millóns de euros en débedas do ano 2010".
Momento da exposición da deputada socialista Soraya Rodríguez.
Axuda aos emprendedores O candidato ao Parlamento asegurou que un Goberno socialista na Xunta de Galicia combatiría á crise económica impulsando políticas de axuda aos emprededores e á creación de empresas. "O novo Goberno socialista creará becas contrato de 500 euros ao mes durante un ano para impulsar a contratación dos nosos xóvenes. Suprimiremos o copago farmacéutico e garantiremos a gratuidade dos libros de texto. Cremos tamén que os que máis gañan deben asumir unha maior parte na redistribución da riqueza, por iso impulsaremos un recargo para aqueles que gañan máis de 10.000 euros ao mes", remataba o exalcalde socialista. Por último, a deputada vallisoletana Soraya Rodríguez, pechaba o acto expoñendo as súas críticas á política de Mariano Rajoy, que considerou de "suicida". Alertaba a socialista de que o Fondo Monetario Internacional ven de confirmar que as medidas postas en marcha polo Goberno de Rajoy conducirán a España "cara á recesión". O FMI, recoñeceu a deputada socialista, "sitúa á economía española como a segunda do mundo, logo de Grecia, con peor evolución no 2014".
Soraya Rodríguez considera que as medidas de Mariano Rajoy levarán a España cara á recesión económica.
Soraya Rodríguez: "Os contratos de Pemex non existen" Lembrou tamén Rodríguez que cando os socialistas abandonaron o Goberno de España, a prima de risco estaba en torno a 150, e que agora pasa dos 450 puntos, "logo de sobrepasar os 600 puntos fai poucas semanas". Tamén lembrou que 300.000 millóns de euros abandoaron España durante o Goberno de Mariano Rajoy. De cara ás eleccións autonómicas galegas, anunciou que o contrato da petroleira mexicana Pemex para a construción de dous hoteis flotantes "non existen". Por último, os tres paricipantes pediron o voto para o Partido Socialista co obxectivo de "pararlle os pés" ao Partido Popular na súa política de "acoso ás clases traballadoras" do noso país.
Razóns da axenda de Alberto Núñez Feijóo obrigan a este cambio
O PP de Ordes ven de informar que mitin do
presidente do PPdeG e candidato á reelección como presidente da Xunta, Alberto
Núñez Feijóo, en Ordes celebrarase finalmente o martes 16 de outubro ás 22:00 horas na discoteca LP-45, un día despois da previsión inicial debido
a razóns de axenda do candidato.
O Partido
Popular pide desculpas polas molestias que este axuste de axenda puido causar aos veciños e veciñas de Ordes.
A parroquia de Santa Cruz de Montaos estreou
hoxe un renovado espazo de festexos aproveitando a celebración da onomástica da
Virxe do Rosario. Unha celebración que tivo lugar na explanada ubicada a carón
do campo de fútbol e que, ademais dunha gran superficie asfaltada, contou tamén
con conexións eléctricas e tomas de corrente, así como unha gran carpa
para resgardarse das inclemenzas
meteorolóxicas.
Puntualmente ás 14:00 horas celebrouse unha misa solemne no mesmo espazo, seguida
dunha sesión vermú que contou coa actuación do grupo Bahía Blanca. Pola Os
grupos Faíscas da Pontraga e Pelexos de Montaos foron os responsables de ir
animando o ambiente cos seus sonoros pasarrúas.
Programa musical
Xa pola noite as orquestas Os
Satélites e París de Noia, acompañadas da televisiva cantante Tania Veiras, puxeron
a nota musical a esta xornada. Nesta ocasión a organización repartiu queimada
entre todos os asistentes, que tamén poderon degustar un delicioso prato de
polbo e carne á brasa tal e como manda a tradición.
A Alameda acolleu esta iniciativa a favor do medioambiente
A Alameda de Ordes acolleu no día de
hoxe unha carpa de reciclaxe na que veciños, veciñas e visitantes aprenderon de
primeira mana a reciclar correctamente. Entre os obxetivos desta iniciativa
está a concienciación dos beneficios que aporta á sociedade e ó medio ambiente
a recollida selectiva e a reciclaxe, á par que se intenta reducir o nivel dos
impropios depositados nos contadores
específicos para cada material.
Para unha correcta asimilación dos
contados e ideas exportas empregouse tanto material audiovisual como sesións
informativas teórico prácticas e obradoiros creativos nos que se empregaron con
materiais reutilizados. Unha metodoloxía coa que tamén se pretende paliar as
consecuencias da cultura do ‘usar e tirar’ que impera na sociedade actual do
benestar.
Agasallos
Libremente cada visitante poderá avaliar os coñecementos adquiridos
coa axuda dun monitor especializado, feito polo que se lles entregará un
agasallo en desposta a seu interés e colaboración.
A visita desta aula ao Concello de Ordes é froito do traballo realizado
dende o Departamento de Medio Ambiente, dentro da súa campaña informativa para
a concienciación e ensino deste tipo de actuacións. Avalando dito proxecto está
a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, así como
Ecoembes. *
Ás 14:00 horas haberá unha misa seguida de sesión vermú, pasarrúas e música de Tania Veiras
A parroquia ordense de Santa Cruz de Montaos
vestirase de gala mañá sábado para vivir as súas festas na honra á Virxe
do Rosario. Unha celebración que terá lugar no espazo anexo ó campo de fútbol.
Ás 14:00 horas terá lugar unha misa que estará seguida dunha sesión vermú que contará coa actuación da banda Bahía
Blanca. Pola súa banda o pasarrúas correrá a cargo dos grupos Faíscas da
Pontraga e Pelexos de Montaos.
Queimada e polbo
Xa pola noite as orquestras Os Satélites e París
de Noia, acompañadas da televisiva Tania Veiras, porán a nota musical a esta
xornada. Ademais a organización repartirá queimada entre todos os asistentes,
que tamén poderán degustar un delicioso prato de polbo tal e como manda a
tradición.
Pablo Vidal: "Se a ausencia do noso portavoz municipal garante a participación do PP, cumpriremos esa condición e outra persoa representará ao BNG"
O debate electoral radiofónico que Radio Ordes ten programado por mor das eleccións autonómicas está provocando un malestar nas filas do BNG de Ordes pola falta de concreción do Partido Popular sobre si finalmente participará ou non no debate.
Tanto os nacionalistas como o PSdG-PSOE xa confirmaron a súa dispoñibilidade para participar o próximo xoves, 18 de outubro, ás
21:00 horas na Casa da Cultura de Ordes nun debate aberto ao público. Sen embargo, dende o PP se agardaba pola participación de Miguel Prado Patiño, exalcalde de Frade e candidato ao Parlamento polas filas populares, pero que a día de hoxe os nacionalistas seguen descoñecendo se finalmente participará ou non no debate.
Pablo Vidal Ríos (BNG).
Non a Gonzalo Castro
Pablo Vidal, responsable da campaña electoral do BNG de Ordes, afirmou que “o BNG ten confirmado a súa asistencia a este debate sen impoñer
condición de ningún tipo, pero polas informacións que temos o PP ten
transmitido como condición que non participe no debate Gonzalo Castro, portavoz
municipal do BNG de Ordes”
O responsable da
campaña dos nacionalistas ordenses salientou que “desde o BNG lamentamos esta
actitude do PP, pero se a ausencia de Gonzalo Castro no debate garanta a
participación do PP, cumpriremos esa condición e representará ao BNG outra
persoa, porque o importante deste debate non son as persoas, do que se trata é
de confrontar os os distintos proxectos políticos e que os veciños e veciñas
poidan estar informados do que defende cada candidatura, algo esencial en
democracia”.