jueves, 22 de mayo de 2014

A S.D. Órdenes convoca o seu campus de verán futbolístico

Poderán isncribirse nenos e nenas nacidos entre 1998 e 2000, ambos inclusive

O prazo de inscricións remata o 28 de xuño

A S.D. Club Órdenes convoca o seu II Campus de Verán-Fútbol. Unha iniciativa didáctica deportiva coa que se pretende fomentar a práctica deste deporte entre os nenos e nenas, así como mellorar o seu nivel con programas de adestramento especializados.

Novamente convócanse dúas quendas que irán do 1 ao 15 de xullo e do 17 de xullo ao 1 de agosto de luns a venres de 09:30 a 14:00 horas. Poderán participar os nacidos entre 1998 e 2000, ambos inclusive. Os precios son de 60 euros cada quenda, reducíndose a 40 euros a partir do segundo irmán ou irmá. 

No caso de querer participar durante todo o mes haberá un precio pechado de 100 euros, que se reducirá a 60 a partir do segundo irmán ou irmá.

Inscricións

Para inscribirse é necesario acudir ás instalacións deportivas de Vista Alegre de luns a venres de 17.30 a 19.30 horas. Tamén se pode chamar ao 600493633. Todo elo antes do 28 de xuño para participar na primeira quenda e do 12 de xullo para a segundo grupo.

*