![]()  | 
| Participantes nas charlas sobre cooperativismo organizadas hoxe polo Concello de Ordes. | 
A cargo de Manuel Pena, técnico da oficina de Fomento de Cooperativas da Comarca de Ordes
Os baixos da Alameda acolleron esta mañá unha charla
sobre cooperativismo e mulleres a cargo de Manuel Pena, técnico da oficina de Fomento de Cooperativas da Comarca de Ordes, Unha cita organizada polo Concello de Ordes e enmarcada dentro dos actos
conmemorativos do Día Internacional das Mulleres que se celebra hoxe. 
Coa axuda de material impreso e audiovisual, abordáronse aspectos
relacionados coa actividade que se realiza dende a Oficina de Cooperativismo
dependente da Mancomunidade de Ordes. 
One Woman 
Por
outra banda esta maña as redes sociais e a emisora municipal do Concello
compartiron con oíntes e usuarios o tema musical One Woman. Unha canción
producida por ONU Mujeres que foi composta e escrita en conxunto por mulleres artistas
internacionais expresamente para conmemorar esta data. 
Aqueles
interesados en coñecer este traballo poden acceder a él a través do enlace www.song.unwomen.org.
*
