domingo, 10 de marzo de 2013

O curso de poda e inxertos iniciouse onte con todas as prazas cubertas

Momento da clase teórica do curso organizado polo Concello de Ordes e con todas a prazas cubertas.
Organizado polo Concello de Ordes, o curso, desenvolverase durante os próximos 16 e 23 de marzo en horario de tarde

Onte deu comenzo o curso de poda e inxertos organizado polo Concello de Ordes a través do seu departamento de Medio Ambiente. 

Unha actividade formativa que rexistrou un alto interés por parte de veciños e veciñas, completándose todas as prazas ofertadas

Teoría e práctica
O curso, que ademais de coñecementos teóricos tamén terá unha parte práctica, desenvolverase durante os próximos 16 e 23 de marzo en horario de tarde. Neles se impartirán coñecementos relativos a distintos tipos de árbores.

*