lunes, 23 de junio de 2014

O mércores remata o prazo de inscrición nas escolas de verán de Ordes

Organizaranse catro quendas durante os meses de xullo e agosto en horario de 09:00 a 14:00 horas

Inscrición no departamento de Educación na Casa do Concello

O próximo mércores día 25 rematará o prazo de inscrición para participar nas escolas de verán organizadas polo Concello de Ordes. En total organizaranse catro quendas que se repartirán por quincenas durante os meses de xullo e agosto, cun horario que irá dende as 09:00 ata as 14:00 horas

Poderán asistir aqueles nenos e nenas escolarizados nalgún centro educativo de Ordes nos cursos de educación infantil e primaria

Inscricións
Para anotarse basta con acudir ao departamento de Educación situado no primeiro andar da Casa do Concello. Deberán achegar a ficha de inscrición cos datos solicitados, unha fotocopia do DNI do/a menor ou ben do Libro de Familia e outra da tarxeta sanitaria. En caso de doenza tamén deberá entregar un xustificante médico sainado

Os prezos oscilan entre os 31 e os 124 euros segundo o número de quendas ás que se asista. Ademais as familias numerosas terán unha bonificación do 50%.