lunes, 23 de junio de 2014

A Policía Local e Garda Civil impartiron unha clase de educación vial aos escolares ordenses



Coñeceron como circular a pé ou en bicicleta, o significado das sinais e puideron subir aos coches patrulla

Axentes da Garda Civil e da Policía Local de Ordes impartiron hoxe unha clase especial de educación vial aos alumnos do CEIP Campomaior de Ordes. 


Videos, sinais e coches patrulla
Unha sesión na que se proxectaron vídeos informativos, se deron consellos á hora de circular en bicicleta ou a pé, se analizaron as sinais máis habituais, ademais de brindarlle aos menores a posibilidade de subirse aos coches patrulla dos corpos de seguridade.

*