viernes, 7 de marzo de 2014

A ITV de motos chega ao Mesón do Vento

Será o vindeiro mércores 19 de marzo

O vindeiro mércores 19 de marzo a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores, quads e motos visitará o concello de Ordes. Concretamente prestará servizo no Campo da Feira do Mesón do Vento

Poderán pasar revisión de 09:00 a 13:30 horas aquelas motos e quads con máis de catro anos de antigüidade e os ciclomotores de dúas rodas con máis de tres anos.

Cita previa

Poderá concertarse unha cita previa a través da web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.  Aqueles vehículos que se presenten no día sen concertar hora con antelación asignaráselles in situ según a dispoñibilidade do servizo.

*