viernes, 7 de febrero de 2014

O PSOE denuncia novas discriminacións da Xunta a Ordes

Pedreira: "A Xunta só utiliza o canon do agua para recadar máis, e non ten previsto investir nin un só euro en obras en Ordes”

O PSOE de Ordes denunciou onte que a Xunta de Galicia lles cobrou 125.000 euros aos veciños e veciñas de Ordes en concepto de canon do auga durante o ano 2013 pero que non ten previsto investir nin un só euro no municipio. 

Os socialistas denuncian que esta nova "discriminación" da Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio chega nun momento delicado para Ordes en materia de abastecemento e saneamento

“Se non fose suficiente cos proxectos paralizados pola Xunta, a situación é moi preocupante no caso dos depósitos de auga que abastecen á vila de Ordes, que teñen arredor de 50 anos e que comezan a presentar fendas nas súas paredes exteriores”, lembra o voceiro municipal socialista, Xesús Pedreira

Neste sentido, o socialista confirma que o deputado autonómico Xosé A. Sánchez Bugallo xa presentou unha iniciativa no Parlamento de Galicia para tratar de conseguir a implicación da Xunta de Galicia na mellora destes depósitos de auga, situados nas proximidades do polígono de Merelle.

Xesús Pedreira (PSOE).
As frases de Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes
“Finalmente se confirman os nosos peores temores e se demostra que a Xunta só utiliza este canon para recadar máis, pero que o esforzo dos veciños de Ordes non repercute en obras no noso municipio, onde a Xunta non ten previsto investir nin un só euro

“A situación é especialmente grave no caso de Ordes, onde levamos xa varios anos sen ningún investimento da Xunta pero, especialmente, da Consellería de Medio Ambiente, pero os veciños e veciñas si que se viron obrigados a desembolsar máis cartos en plena crise económica. Uns cartos que non sabemos a que municipio beneficiarán, pero o que si temos claro é que non será Ordes”.