sábado, 15 de febrero de 2014

Convocados novos cursos de língua galega en Ordes

Preparatorios para os niveis Celga 1, 2, 3 e 4 

O Concello de Ordes informa aos veciños maiores de 16 anos, ou que vaian a cumprir ao longo dos vindeiros meses, da convocatoria para inscribirse nos cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, 2, 3  e 4.

Aqueles interesados deberán apuntarse ata o 21 de febreiro nas oficinas municipais e presentar unha fotocopia do seu DNI. Serán necesarias un mínimo de 20 persoas por cada un dos cursos para que se poidan levar a cabo.


Máis información no teléfono 981 680 002 ou ben achegarse ata a Casa do Concello de Ordes en horario de 09:00 a 14:00 horas.

*