viernes, 22 de junio de 2012

O PSOE de Ordes busca derogar o decreto de medidas urxentes para a sanidade


Aseguran que esa política "nos retrotrae ao sistema insolidario dos anos 70"

Xesús Pedreira: "sistema nacional de saúde pode ser sostible sen recurtes nas prestacións, sen mermar a calidade e sen implantar o copago sanitario"

O PSOE de Ordes pedirá no vindeiro pleno municipal a derogación do Real Decreto Lei 16/2012, aprobado polo Goberno de España, e que “retrotrae o sistema sanitario a un modelo insolidario que existía nos anos 70”, explica o seu voceiro municipal, Xesús Pedreira

Os socialistas buscarán o apoio das demais forzas políticas ordenses para instar ao Goberno a dialogar cos axentes sociais, coas Comunidades Autónomas, coas forzas políticas e coa Federación Española de Municipios para acadar un gran acordo pola sanidade, que manteña os principios establecidos na Lei Xeral de Sanidade de 1986.

Xesús Pedreira explica que “o señor Rajoy dixo que a sanidade española non era sostible para poder así tocar elementos esenciais do noso sistema nacional de saúde, polo que a sanidade deixa de ser pública, universal e gratuíta para todos os cidadáns e se converte nunha sanidade só para os asegurados e a beneficencia”. 

Na sesión plenaria da vindeira semana, os socialistas tamén pedirán o apoio do pleno municipal á figura da custodia compartida, de xeito que o pleno ordense inste ao lexislador a que modifique a normativa actual para que recolla a figura da Garda e Custodia Compartida. Unha moción que os socialista presentan en nome dalgúns veciños de Ordes que se teñen queixado dunha lexislación que “entra en contradicción coas políticas de igualdade e progreso que pretenden fomentar o desenvolvemento profesional da muller e a corresponsabilidade do varón no eido familiar”.

Xesús Pedreira Mirás.
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro do PSdG-PSOE de Ordes
“O sistema nacional de saúde pode ser sostible sen recurtes nas prestacións, sen mermar a calidade e sen implantar o copago sanitario. E así llo temos que dicir dende Ordes e dende todos os concellos de España ao goberno do señor Rajoy

“Este decreto abre a porta ao copago de moitas prestacións que ata o de agora non había que pagar”. 

"Por primeira vez os pensionistas van ter que pagar un 10% do custe das medicinas que precisan e lles receite o médico,  mentres que as persoas en activo pagarán un 25% máis que o que aboaban ata o de agora"

*