viernes, 7 de marzo de 2014

‘Contiños para compartir’ enche a biblioteca de Ordes en prol da igualdade



Englobada dentro do programa Igualar

A biblioteca municipal de Ordes acolleu un novo encontro cos estudantes máis pequenos dos centros académicos da zona. 

Nesta ocasión trátase da iniciativa ‘Contiños para compartir’ englobada dentro do programa Igualar, co que se traballa na concienciación da igualdade entre homes e mulleres.

*

A ITV de motos chega ao Mesón do Vento

Será o vindeiro mércores 19 de marzo

O vindeiro mércores 19 de marzo a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores, quads e motos visitará o concello de Ordes. Concretamente prestará servizo no Campo da Feira do Mesón do Vento. 

Poderán pasar revisión de 09:00 a 13:30 horas aquelas motos e quads con máis de catro anos de antigüidade e os ciclomotores de dúas rodas con máis de tres anos.

Cita previa

Poderá concertarse unha cita previa a través da web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.  Aqueles vehículos que se presenten no día sen concertar hora con antelación asignaráselles in situ según a dispoñibilidade do servizo.

*

miércoles, 5 de marzo de 2014

"Corrupción: entre a percepción e a realidade"

Gonzalo Castro, avogado.
"A solución definitiva a este problema só pode vir da man dunha rexeneración social"

Por Gonzalo Castro*

O recente informe de loita contra a corrupción da Unión Europea, sinala que no Estado Español, un 63 % dos cidadáns -a porcentaxe máis elevada da UE-, considérase afectado persoalmente pola corrupción na súa vida cotiá -a media da UE é do 26 %-, en tanto que o 95 % manifesta que a corrupción é un problema moi extendido -a media da UE é do 76 %-.

Máis alá de percepcións, o certo é que a corrupción cotiá ou de 'menor envergadura' é unha constante que remata con lastrar a eficiencia das Administracións Públicas e a competitividade económica, e datos como que o 52 % dos cidadáns considere que a única maneira de triunfar no mundo empresarial é dispoñer de contactos políticos, ou que o 93 % das empresas considere que o favoritismo e a corrupción obstaculizan a competencia empresarial, certifican a realidade dun problema que ten un custo social de perto de 40.000 millóns de euros anuais no Estado Español. Por situarnos: unha cantidade equivalente a case cinco veces o orzamento da Xunta de Galicia.

Moitas son as receitas que se teñen proposto para abordar este problema: maiores controis e transparencia no financiamento dos partidos políticos, códigos de conducta exhaustivos para os cargos electos, aumentar o control e a fiscalización da contratación pública...


"Posición en beneficio propio"
Pero todas estas medidas quedarán nunha simple declaración de intencións, se non nos damos conta do evidente, que é que durante moitas xeracións se aceptou socialmente como normal aproveitarse da posición en beneficio propio facendo de frases como “Todo o mundo o fai” ou “Non sexas tonto e aproveita” auténticos
leit motiv dos valores imperantes... 

Por iso, a solución definitiva a este problema só pode vir da man dunha rexeneración social, que deberá comezar por formar ás vindeiras xeracións en valores cívicos, democráticos e de xustiza social... cando o ministro Wert nos deixe e se adique a outros menesteres...

*Gonzalo Castro é avogado.

*

Charla en Ordes sobre os efectos do traballo na saúde das mulleres


Tarde de Entroido en Ordes




Este sábado celébrase o día grande das festas: o Sábado de piñata 

Decenas de nenos e nenas, acompañados das súas familias desfrutaron dunha divertida e animada ‘Tarde de entroidada’. 

Como cada ano, o Concello de Ordes adícalles este día aos máis novos da casa ofrecéndolles a oportunidade de participar completamente de balde en obradoiros, xogos e moitas máis sorpresas. 

Deste xeito o pavillón Campomaior transformouse nun gran espazo de diversión e entretemento grazas aos obradoiros de maquillaxe, máscaras, globoflexia, debuxo, pintura, chapas e moito máis. 


Sábado de piñata
Fadas, piratas, super heroes, magos, pallasos e unha morea de personaxes se deron cita en Ordes á espera de que o vindeiro sábado chegue a cita máis importante deste Entroido co Sábado de piñata. 

Para esa xornada agárdanse milleiros de persoas que poderán gozar dun enorme desfile e do concurso de disfraces, carrozas e comparsas onde se outorgarán importantes premios en metálico.


*

Tarde de lendas na biblioteca de Ordes



Participaron máis dunha treintena de nenos

Máis dunha treintena de nenos participaron a pasada fin de semana nunha nova entrega das  Tardes de contos e lendas na biblioteca municipal de Ordes. Nesta ocasión ofreceuse a narración Contos de lendas: Hércules, Xerión e outros. 

Coma sempre, a entrada foi de balde para todas e todos os que acudiron, xa que a pesar de tratarse dunha actividade especialmente orientada a nenos de 3 a 8 anos, tamén poideron participar os seus acompañantes. 

*