viernes, 15 de febrero de 2013

Todo OK nas obras da antiga Casa do Concello

Estado actual da rehabilitación do Palacio Municipal de Ordes.

As obras no edificio continúan executándose ininterrumpidamente e con total normalidade

As obras do Palacio Municipal de Ordes continúan executándose con normalidade e de xeito continuado tras a instalación do estibado que, dende hai xa máis dunha semana, se instalaou nas prantas superiores do inmoble. 

Segundo informa o Concello de Ordes, o mes pasado, o equipo do Goberno municipal saliu ao paso de falsas acusacións por parte de membros da Oposición que aseguraban da paralización deste proxecto por mor dunha débeda contraída coa empresa constructora. 

Tal e como explicou a tenente alcalde Silvia Marín no último pleno “non existe tal débeda e o motivo da retirada dos andamios debeuse a unha petición por parte da constructora á empresa que os colocou”. 

Un argumento que os membros da Oposición poideron corroborar a través do burofax que se enviou con tal requerimento, e que Marín amosou na sesión plenaria a todos os que llo solicitaron. 

*

O PSOE de Ordes denuncia vertedoiros incontrolados en Parada e Montaos



Xesús Pedreira: "É lamenta que a Xunta de Galicia aproveite estes tempos de crise para recortar tamén en medio ambiente”

O Partido Socialista de Ordes denunciou hoxe a proliferación de vertedoiros incontrolados nas parroquias de Parada e Montaos, en especial nas inmediacións da antiga vía do tren, en especial no tramo que vai dende a ponte da antiga estación de Parada ata Fosado, onde se concentran tres dos catro vertedoiros localizados. 

O cuarto está situado detrás do lugar do Empalme (Ordes), tamén en dirección a Parada. 

Neste sentido, o PSOE responsabiliza á Xunta de Galicia da redución das achegas a programas de protección e recuperación medioambiental nos municipios galegos. 

Así mesmo, o portavoz socialista en Ordes, Xesús Pedreira, responsabiliza tamén ao Concello de Ordes da redución dos medios para a defensa do medio ambiente.

O Partido Socialista de Ordes porá en coñecemento do Concello de Ordes a localización exacta destes vertedoiros incontrolados para que proceda á súa inmediata eliminación e esixirá tamén a toma de medidas preventivas para tratar de que non se volvan reproducir.

As frases de Xesús Pedreira, portavoz municipal do PSdG-PSOE de Ordes

“Lamento moito que se aproveiten estes tempos de crise para recortar tamén en medio ambiente” 

“Cando os socialistas estabamos á fronte da Concellería de Medio Ambiente, o Concello de Ordes asinou varios convenios con Sogama que non só serviron como contraprestación ás molestias que ocasiona a planta incineradora, senón que permitían a realización de programas de prevención e concienciación da veciñanza”

“A proliferación destes vertedoiros está directamente relacionada coa desaparición das subvencións en medio ambiente 

"Esixímoslle ao Concello de Ordes que realice unha política medioambiental baseada en feitos, non en propaganda e defenda os intereses dos ordenses diante da administración autonómica"

*

miércoles, 13 de febrero de 2013

O DNI poderá renovarse en Ordes


Unha unidade móbil da Policía Nacional realizará esta labor os días 27 e 28 de febreiro e 1, 4 e 5 de marzo


Durante os días 27 e 28 de febreiro e 1, 4 e 5 de marzo os veciños e veciñas de Ordes poderán renovar ou solicitar o seu DNI sen ter que desprazarse do municipio. 

Unha unidade móbil da Policía Nacional levará a cabo esta labor na Casa da Cultura, situada no número 25 da rúa Galicia. O horario de atención ao público irá dende as 09:00 ata as 12:00 horas.

Para facer uso deste servizo é imprescindible reservar cita previamente nas oficinas xerais do Concello, ou ben chamando ao teléfono 981 680002 de 08:00 a 15:00 horas.

*

martes, 12 de febrero de 2013

Feliz tarde de Entroido no pavillón Campomaior



Máis de trescentas persoas disfrutaron das máscaras á espera do tradicional desfile e concurso de disfraces deste sábado 

Obradoiros de maquillaxe, globoflexia, pintura e máscaras, xogos en equipo, baile e animacións, música, festa e sobre todo moita diversión. 


Tarde de entroidada
Isto e moito máis é o que o Concello de Ordes lle ofreceu ós nenos e nenas do municipio na Tarde de entroidada que se celebrou hoxe no polideportivo Campomaior por causa do mal tempo. Unha cita que congregou a máis de trescentas persoas. 

A festa continuará este sábado co tradicional desfile e concurso de disfraces que dará comenzo ás 17:00 horas.


*

O PSOE de Ordes denuncia o mal estado do firme da rúa do Recreo

Xesús Pedreira: "Non é de recibo que unha obra feita pola Deputación  hai apenas oito meses estea nun estado tan lamentable"

O Partido Socialista de Ordes denunciou hoxe o mal estado de conservación da céntrica rúa do Recreo,  que presenta múltiples fochancas e desperfectos.  

As xestións para o arranxo desta importante travesía urbana de Ordes veñen de moi lonxe, concretamente de febreiro de 2008, data na que o responsable de Obras da Deputación da Coruña visitaba a vila de Ordes para comprobar o estado da rúa do Recreo. 

Finalmente, en xuño de 2009 a Deputación comunicaba ao Concello a inclusión desta obra na terceira fase do Plan de Travesías 2009, por un importe de 429.406 euros, se ben a propia Deputación a pospuxo para unha ulterior aprobación aducindo que non existía crédito axeitado e suficiente. 

Finalmente, en outubro de 2010 foi contratada e adxudicada a obra, aínda que foi por un importe moito menor xa que só incluíu o levantado, reposición e pintado do firme desta travesía. 

Compre lembrar que as obras de mellora na rúa do Recreo e nos 1,8 primeiros quilómetros da travesía DP-5903 foron executados pola Deputación da Coruña en maio de 2012, despois de estar case dous anos paralizadas.

Xesús Pedreira (PSOE).
As frases de Xesús Pedreira, portavoz municipal do PSdG-PSOE de Ordes
“Non é de recibo que unha obra feita pola Deputación da Coruña hai apenas oito meses e na que se investiron máis de 120.000 euros estea nun estado tan lamentable”

“Non pode ser que unhas obras polas que estivemos máis de dous anos esperando e nas que se investiron tantos cartos estean nun estado tan lamentable en menos dun ano, polo que consideramos que o Concello de Ordes ten que esixirlle á Deputación da Coruña que arranxe de inmediato a situación e faga estas obras en condicións”

*

lunes, 11 de febrero de 2013

O pavillón do Campomaior acollerá mañá unha gran festa de Entroido


A partir das 16:30 horas haberá obradoiros de maquillaxe, globos e máscaras

O Concello de Ordes celebrará na tarde de mañá o primeiro dos actos previstos no seu programa de Entroido. A Tarde de entroidada terá como protagonistas principais aos máis novos. Debido ao previsible mal tempo, o Departamento de Cultura e Deporte ven de anunciar que todas as actividades terán lugar no polideportivo Campomaior a partir das 16:30 horas. 

Alí terán lugar numerosos obradoiros de maquillaxe, chapas, globoflexia e máscaras. Ata as 19.30 celebrarase unha gran festa con animacións, xogos colectivos e moitas máis sorpresas.

Sábado de piñata
Xa de cara ó sábado 16 de febreiro terá lugar o popular Sábado de piñata, onde haberá un gran desfile polas rúas máis céntricas da vila a partir das 17:00 horas. Unha cita que cada ano congrega no municipio a centenares de participantes individuais, comparsas e carrozas chegados de distintos puntos da xeografía galega, os cales competirán por acadar o mellor dos premios. 

Os interesados en participar poderán inscribirse gratuitamente ata o 13 de febreiro no departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, ou ben chamando aos teléfonos 981680002 e 981680157.

*

viernes, 8 de febrero de 2013

O Concello remata o abastecimento e saneamento do Ceidón, no barrio do Paraíso

Estado actual da zona do Ceidón, logo da intervención do departamento de Urbanismo do Concello de Ordes.
Estado da zona do Ceidón en xaneiro do 2011.

Instalouse un novo sistema de sumidoiros, novas beirrarúas e regos asfálticos

Nun futuro inmediato colocaránse as farolas

O departamento de Urbanismo do Concello de Ordes ven de dar prácticamente por rematadas as obras de pavimentación, saneamento e abastecemento que nas últimas semanas se estiveron a realizar na zona do Ceidón. Unha intervención que se ven desenvolvendo ao abeiro do Plan DTC–94 da Deputación da Coruña cun investimento que supera os 190.000 euros, IVE incluido. 

As intervencións foron respecto da instalación dun novo sistema de sumidoiros que presenta unha doble canalización para as augas residuais e pluviais. 

Asemade procedeuse á construcción de novas beirarrúas a ambos lados da estrada que atravesa este pequeno núcleo poboacional, así como da colocación dunha nova superficie de aglomerado e de regos asfálticos en distintas zonas do vial. 

Proximamente ubicaranse os sistemas de iluminacíón na zona.

Iluminación
De cara á implantación nun futuro dun novo sistema de iluminación, que permitirá reducir a contaminación lumínica e aforrar recursos, xa se deixaron colocados os tubos que permitirán levar a cabo esta instalación de maneira rápida e máis económica para as arcas municipais. 

Tamén se procedeu coa preparación de toda a infraestructura precisa para a instalación do cableado de R. Todo elo rexido polo convenio asinado coa empresa de telecomunicacións que a cambio encargouse da colocación de tubos, tapas e arquetas. 

*

Participantes no novo curso de manipulación de alimentos


Conmoción en Ordes pola morte dun menor durante unha clase de educación física

O suceso de morte súbita tivo lugar sobre as 10:00 horas de onte no IES Maruxa Mallo

Haberá unha misa de corpo presente esta tarde ás 17:30 horas na capela do tanatorio de Ordes

Un menor de 13 anos, Fernando Javier Rodríguez Casal, fillo dun coñecido axente da policía municipal de  Ordes, faleceu onte logo de participar na clase de educación física no IES Maruxa Mallo. 

Segundo indicou o alcalde Manuel Regos, docentes e personal de urxencias médicas personáronse no recinto logo de que o neno sufrira un desmaio. 

A pesares destes esforzos, as atencións médicas recibidas durante máis dunha hora non puideron salvar a vida do rapaz que faleceu, segundo todos os indicios, por un fallo cardíaco que lle provocou unha morte súbita.

Funeral hoxe no Balado
O funeral por Fernando Javier celebraráse esta tarde ás 17:30 horas na capela do tanatorio do cemiterio do Balado.

*


O PSOE de Ordes pídelle ao alcalde que habilite unha partida económica para un Grumir


Xesús Pedreira propón reducir as partidas dos orzamentos dedicados “a festas e eventos que poden sobrevivir igualmente atenuando o seu custo”

A Agrupación Socialista de Ordes instou o pasado mércores ao Concello de Ordes a manter o servizo do Grumir no municipio, diante da súa supresión confirmada no novo mapa de emerxencias consensuado entre a Xunta e a Fegamp. 

O secretario xeral do PSdG-PSOE de Ordes, Xesús Pedreira, recórdalle ao alcalde ordense que na pasada lexislatura se comprometera publicamente a poñer en marcha un servizo de emerxencias que atendese as necesidades dos veciños no caso de que desaparecese o Grumir, cousa que vén de suceder. 

Un compromiso que foi ratificado no pleno municipal de 31 de xaneiro de 2008 a través dunha moción presentada polo daquela grupo de Goberno, que estaba presidido polo propio Manuel Regos e do que formaba parte o Partido dos Socialistas de Galicia. 

Por iso, os socialistas instan ao alcalde de Ordes a cumprir a súa palabra.

Xesús Pedreira.
As frases de Xesús Pedreira, secretario xeral do PSdG-PSOE de Ordes
"Dende o PArtido Socialista xa lle pediu ao alcalde Manuel Regos que habilite unha partida económica “para poder ter unha brigada mínima de Grumir a cambio de reducir partidas nos orzamentos dedicados a festas e eventos que vén poden sobrevivir igualmente atenuando o seu custo”

"O Grumir a través de persoal competente e eficaz, presta uns labores moi específicos e necesarios para os veciños e veciñas de Ordes, que en ningún caso asumen os bombeiros" 

"Trátase de servizos tan necesarios como a retirada de árbores caídas nas estradas municipais, colaboración na seguridade de eventos organizados polo Concello, intervencións en situacións motivadas por temporais, derrubamentos, etc."

*

Hoxe remata o prazo de inscrición no circuíto cultura e deportivo de Ordes


Tamén conclúe a inscrición na excursión a Cantabria

Inscricións na Casa do Concello

Hoxe remata o prazo para inscribirse nas actividades do novo circuito cultural e deportivo organizado dende o departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes. 

Maquillaxe e coidado persoal, iniciación á xoiería e bisutería, elaboración de xabóns artesanais, arte floral, chikung–taichi, danza oriental, creación de complementos, cociña para principiantes, así como a continuidade dos cursos de cociña xa iniciados serán as actividades que se desenvolvan durante os meses de marzo, abril e maio.

Por outra banda o Concello de Ordes tamén ten aberto xa o prazo para asistir a diversos cursos de formación. Haberá cursos de informática, así cmo de iniciación, nivel medio e avanzado do sistema operativo Windows. Tamén se contará con clases de iniciación a internet e de retoque fotográfico dixital.

O Concello de Ordes ofrece unha serie de bonificacións en todas estas actividades para aquelas persoas interesadas que teñan un grao de minusvalía dun 33% como mínimo, para maiores de 65 anos, así como para os que proveñan de familia numerosa. Os pagos poderán realizarse nunha única cuota ou de xeito fraccionado.

Para apuntarse basta con entregar a ficha de inscrición que se obterá na Casa do Concello e unha fotocopia do DNI. Para máis información pódese chamar ao teléfono 981 680 002, a través da web municipal concellodeordes.com, no Facebook (https://www.facebook.com/concellodeordes)  e Twitter do Concello (https://twitter.com/ConcellodeOrdes) ou mesmamente dirixíndose ao departamento de Cultura e Deporte situado no primeiro andar da Casa do Concello.

Multiaventura en Cantabria
Hoxe conclúe tamén o prazo para os que queiran participar na actividade de acción ‘Multiaventura en Cantabria’ e que teñan entre 18 e 35 anos. 

O Concello de Ordes ofrece a posibilidade de desfrutar dunha xornada no parque multiaventura de Cabuerniga, ademais de poder levar a cabo rutas de sendeirismo e visitas guiadas a localidades como Santillana del Mar, Comillas, Torreavega, San Vicente de la Barquera ou Potes entre outras. 

A viaxe terá lugar do 21 ao 24 de febreiro e o seu custo ascende a 160 euros. Un importe que inclúe tanto o aloxamento nun hotel de 3 estrelas como a pensión completa. 

Aquelas persoas que estén interesadas deben acudir á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada no primeiro da Casa do Concello. Para máis información poden chamar ao teléfono 981 680 002.

*

miércoles, 6 de febrero de 2013

O Concello de Ordes envía a Madrid as súas contas do plan de axuste cun balance total en positivo


O resultado final de gastos é ingresos sitúase por riba do 101 %

Regos: "Trátanse duns resultados favorecedores para todos, e que veñen a indicar que dende o Concello estanse a facer ben as cousas"

O Goberno municipal de Ordes ven de mostrar a súa satisfacción polos resultados acadados nas contas do plan de axuste ao que se acolleu tras a aprobación no pleno da Corporación municipal do mes de marzo do 2012. Un informe anual que dende o Departamento de Intervencións se lle remitiu  recentemente ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. 

No caso de Ordes o tamén coñecido como plan de pagamento a proveedores acadou para Ordes un crédito de 2,7 millóns de euros cuxo plazo de vencemento expira no 2022. Dende o consistorio confían plenamente en que se den por cumpridas as obrigacións estipuladas no real decreto 4/2012, de 24 de febreiro, tanto en materia informativa como nos mecanismo de financiación.

Ingresos e gastos
Con data 31 de decembro de 2012 danse por cumpridas tanto as partidas de ingresos como as de gastos do Concello de Ordes. Rexistrouse un superávit do 0,71% no caso do total dos gastos correntes, mentres que no total capital tamén se produciron uns resultados a favor dun 2,28%. 

Así, o resultado final de ingresos é superior ao previsto, situándose por riba do 101%. Igualmente no caso dos gastos as diferencias rexistradas son a favor das contas municipais. 

No ámbito dos gastos correntes executouse menos do 97%, mentres que no total capital, as cantidades son aínda menores ao non chegar ao 95%, producíndose un aforro en ámbolos dous casos. Deste xeito o total xeral ascende a pouco máis do 96% do estipulado.

Manuel Regos, alcalde de Ordes.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes 
“Trátanse duns resultados favorecedores para todo o pobo de Ordes, que veñen a indicar que dende o Concello estanse a facer ben as cousas, con responsabilidade, precisión e sabendo conxugar a posta en marcha de políticas sociais coas obrigas e compromisos adquiridos”

"Agradezo moito non só a labor do equipo de Goberno para acadar estes resultados, senón tamén e dun xeito especial aos técnicos e persoal administrativo municipal polo esforzo demostrado nesta labor”. 

*

Orellas, filloas e postres típicos de Entroido para concluir o curso de cociña

As clases foron impartidas polo cociñeiro Manuel Iglesias Vieites.


Haberá unha nova edición do curso no que o prazo de inscrición remata o 8 de febreiro

Esta semana concluiron as clases do curso de cociña que o Concello de Ordes viña realizando cada semana dende hai varios meses. Peixes, carnes, verduras, legumes e receitas con moitos máis ingredientes foron as que aprenderon a elaborar todas as asistentes. 

En consonancia con esta época do ano e para non perder as tradicións culinarias as filloas, as orellas e outros postres típicos do Entroido foron os protagonistas da última xornada. 

Novos cursos
Tal é o éxito destas clases, impartidas polo cociñeiro Manuel Iglesias Vieites, que o Concello de Ordes xa ten convocada a realización dun novo curso de cociña dentro de seu circuito cultural e deportivo. 

Os interesados deben ter ben en conta que o prazo de inscrición rematará o vindeiro venres 8 de febreiro.

*

Ordes acollerá un novo curso de lingua galega


É gratuito e impartirase o nivel Celga 4 en setenta horas lectivas

O Concello de Ordes acollerá en próximas datas un novo curso de lengua galega. Concretamente impartirase o nivel Celga 4 de man da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, cun total de setenta horas lectivas. 

Así o ven de facer público o Concello de Ordes ante a demanda presentada por parte de numerosos veciños e veciñas. Para poder asistir ás clases é preciso presentar unha fotocopia do DNI na Casa do Concello. A asistencia ás clases preparatorias será totalmente de balde.

*

domingo, 3 de febrero de 2013

Un acordo entre Manuel Regos e Diego Calvo garanta os postos de traballo na Mancomunidade

As dependencias da Mancomunidade están ubicadas nos baixos da Alameda da vila de Ordes.

A Deputación destinará 140 000 euros para o mantemento dos servizos básicos e especializados

Regos: "É un éxito en conxunto dunha política baseada na negociación e no diálogo con outras Administracións"

Logo de varias semanas de encontros e negociacións, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes alcanzou estes días un acordo coa Deputación provincial da Coruña  polo que se garante tanto os postos de traballo como a maioría dos servizos que viña prestando ata o de agora. 

Así, a Deputación destinará 140 000 euros para o mantemento da totalidade dos servizos sociais básicos e a case totalidade dos especializados. Unha cuantía que ademais posibilitará manter a lo menos durante o ano vixente o mesmo número de traballadores que no exercicio anterior, cun cuadro de vinte persoas empregadas entre o persoal administrativo e os técnicos especializados. 

Traballadores da Mancomunidade
Actualmente, nas dependencias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, ubicadas nos baixos da Alameda de Ordes, xestionanse o servizo integral de seis traballadoras sociais, un auxiliar administrativo, dúas educadoras familiares, dous técnicos en atención temperá, un axente de emprego, unha orientadora laboral, un técnico de cooperativismo, unha encargada do servizo de limpeza, un secretario e un interventor. Tamén unha psicóloga, unha avogada e unha directora que constitúen o Centro de Información á Muller.

Manuel Regos.
As frases de Manuel Regos, presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes  
“É un éxito en conxunto por parte de todos os alcaldes desta Mancomunidade e dunha política baseada na negociación e no diálogo con outras Administracións, na que a prioridade son sempre os veciños e veciñas desta comarca”

“Será preciso reubicar a dúas persoas noutros programadas distintos dos que viñan realizando ata o de agora”

“Era unha prioridade para os sete alcaldes poder manter o maior número de traballadores, tanto para ofrecer uns servicios completos e de calidade, como para non deixar sen ingresos a ningún profesional nestes tempos de recesión”

*


viernes, 1 de febrero de 2013

Pleno tenso onte en Ordes con tres unanimidades


Momento da celebración do pleno da Corporación municipal de Ordes, onte nos baixos da Alameda.
Aprobouse a nova ordenanza de ocupación de terreos de uso público

Pedirán o mantemento do servizo de prevención das drogodependencias e unha senda peonil no Mesón do Vento

O pleno do Concello de Ordes aprobou onte de xeito unánime a nova ordenanza que regula a ocupación de terreos de uso público local. Unha regulación que estipula que as terrazas dos locais de hostalaría non poderán superar 1,80 metros de ancho. 

Na ordenanza tamén se estipulan unha cuantías mensuais de 1,25; 1 e 0,85 euros para as terrazas de 1ª, 2ª e 3ª categoría durante as temporada de baixa mentres que durante os meses estivais serán de 3,50; 2,65 e 2 euros: Estes prezos veranse incrementados no mes de agosto ata os 4,50; 3,40 e 2,50 euros. 

No caso de celebracións especiais ou eventos de especial relevancia aplicarase un cargo de 0,50; 0,40 e 0,25 euros diarios por cada metro de ocupación. 

Según manifestou o Goberno local “trátanse dunhas cuantías, incluindo as sancións para aqueles que incumpran a normativa, acordes cos tempos de recesión. Deste xeito todos os empresarios poidan aboalas sen un sobreesforzo que poña en perigo a continuidade dos seus negocios”.

Servizo de prevención da drogodependencia
Xa no apartado de mocións o PSOE presentou unha proposta na que se lle insta á Xunta a continuidade a manter en funcionamento o servizo de prevención á drogodependencia da Mancomunidade. Unha iniciativa aprobada por todos os grupos políticos “e que na comarca ven atendendo aarredor de 2.300 usuarios”, según manifestou a tenente alcalde Silvia Marín. 

Neste punto o PP resaltou a labor e a importancia que ten a educación neste campo, destacando  o traballo que educadores, psicólogos, etc veñen realizando nos centros escolares, así como o tratamento delo na asignatura de Educación para a cidadanía.

Pensións
A segunda moción dos socialistas insta ao Goberno Central a revalorizar as cuantías das pensións en base ao IPC e revocar o acordo polo que se adoptou dita medida. Tamén se lle solicita á Xunta de Galicia “a defender o dereito dos pensionistas galegos frente as decisións que adopta o Goberno Central”. 

O voceiro dos socialistas, Xesús Pedreira, cifrou en arredor de 464 euros de media por persoa o poder adquisitivo que se perderá en Ordes”. O BNG engadiu que “foi grazas a gobernos populares anteriores que a xente de Galicia cobra as pensións máis baixas do Estado, e que aspectos como o medicamentazo tamén é aplicar recortes a un dos sectores máis sensibles da sociedad”. 

Pedreira lamenta que “o Partido Popular de Ordes votase en contra dunha iniciativa que pretende que os pensionistas ordenses non perdan unha media de 464 euros o próximo ano. Que o PP de Ordes non sexa quen de poñerse do lado dos veciños é máis que lamentable”.

Por parte do equipo de Goberno local destacouse que esta decisión afecta a máis xente da que poida parecer nun principio xa que “desgraciadamente hoxe en día moitas familias viven das pensións dos seus maiores”. 

Neste punto a defensa do PP centrouse en que “foi o PSOE o que non subiu as pensións durante o tempo que gobernou e que é a situación do país a que non permite ese incremento co obxetivo de que se poidan manter as pensións”. 

O voceiro popular, José Luis Martínez Sanjurjo, engadiu tamén que “no ano 2013 máis do 74% verán incrementadas as súas pagas nun 2% e o restante o verá nun 1%, ademais do pagamento por parte de Núñez Feijoo de todo o complemento previsto para as pensións non contributivas”. Finalmente ante os cinco votos en contra dos populares a moción aprobouse cos dez votos a favor de UXO, PSOE, BNG e CideGa. 

Senda peonil
A unanimidade volveuse a acadar na solicitude de crear unha senda peonil no lugar da Brea, na zona de Mesón do Vento. Unha zona na que o tráfico propiciado polo central térmica de Sogama. Meirama e o polígono de Acebedo. 

A cuantía desta intervención, incluindo a canalización de servizos, ascende a máis de 175.000 euros según a memoria aportada onte polos socialistas na defensa deste punto, polo que se insta á Deputación da Coruña a execución desta obra.

Servizos sociais
Pola súa banda o BNG tamén veu aprobada a moción na que, unha vez máis, se reclamaba o mantemento do servizo de drogodependencias. No seu escrito tamén se lle insta á Xunta a dotación dun maior número de recursos para o mantemento dos servizos sociais da Mancomunidade. 

Gonzalo Castro criticou duramente que “o PP suprima servizos destinados a atender a quen xa non alcanza a pagar o recibo da luz, a auga, a quen perdeu a prestación por desemprego e necesita axuda para alimentos, roupa e outros, mentres os seus dirixentes viven a corpo de rei con sobresoldos de dubidosa procedencia”.

Neste sentido os socialistas tildaron de “moi peligrosos” o recorte do 40% que se vai a aplicar nesta materia, mentres que o goberno local abogou “por unha reorganización que permita rentabilizar ao máximo o traballo dos servizos sociais básicos e os específicos”, manifestou o alcalde Manuel Regos que descartou que este plantexamento se traduza no despedimento de traballadores. 

O PP xustificou a abstención nesta votación argumentando que xa votaran a favor do mantemento do servizo de drogodependencias anteriormente, e en que “non se especifican os recursos aos que se refire o BNG”. Os votos a favor das restantes formacións políticas fixeron prosperar esta proposta. 

Cuartel da Garda Civil
Posteriormente rexeitouxe a urxencia para debatit as mocións sobre o cuartel da Garda Civil e sobre o antigo consistorio ordense que presentaros os nacionalistas. Respecto deste último, Castro salientou que “hai que buscarlle unha solución a este problema, xa que, por desgraza, o edificio da Casa Consistorial de Ordes xa pasou á historia pola incompetencia do alcalde, xa que no seu estado actual nada se pode facer para recuperalo”

Marín explicou que a retirada dos andamios instalados por mor das obras do antigo Concello “non se debe a ningunha débeda, senón que se trata dunha solicitude que a empresa constructora lle realizou á empresa encargada destes andamios”. Unha demanda que se fixo a través dun burofax que a mesma edil amosou  in situ aos membros da oposición que llo solicitaron.

Tampouco os populares tiveron ocasión de debatir a súa moción na que se instaba a condenar o terrorismo e expresar o seu apoio ás forzas de seguridade do Estado.

Rogos
No apartado de rogos o Goberno local tomou en consideración a solicitude dos socialistas de instalar unha baranda de protección nas inmediacións da piscina do Campo da Feira e a de controlar o tránsito de camións de Sogama polo centro da vila. 

Tamén lle informou de que as obras para mellorar a reordenación do sistema de iluminación xa están en marcha, así como que o corte do sistema eléctrico na gardería a semana pasada debiuse a unha avería que xa se subsanou. 

A preguntas do PSOE, a concelleira de Educación xustificou o corte de subministro eléctrico producido na gardería municipal como un problema técnico cun xerador e asegurou que só durou unha tarde. 


Tamén se tomou en consideración a solicitude do BNG de instalar un paso de peóns  no lugar da Gorita, na parroquia de Buscás, e o estudo de cederlle un local de titularidade municipal ó Ligal no centro da vila. 

*

O IES Nº 1 de Ordes convoca un novo concurso de talentos musicais

‘Operación Ordes’ desenvolverase en tres fases que se celebrarán a partir do mes de abril

Se celebrará unha gran gala o 31 de maio na discoteca LP 45


O Concello de Ordes ven de abrir a convocatoria para participar nun novo concurso musical que pretende dar a coñecer  os novos talentos da zona. 'Operación Ordes' vai dirixido a aqueles rapaces e rapazas que cursan os seus estudos nalgún centro de esino dentro da circunscrición do IES Nº 1 de Ordes. 

Concretemente para os que van dende 6º de primaria ata 2º de bacharelato, así como os matriculados en ciclos formativos, ESA ou PCP. 

En lingua galega
A convocatoria está aberta tanto para solistas como para grupos, os cales deberán ter como mínimo un integrante matriculado nalgún destes centros. Admitiranse temas orixinais ou adaptacións que poderán ser interpretadas en directo ou ben pregrabalas. 

Eso sí, o equipo de normalización lingüística do IES Nº1 de Ordes promotor desta iniciativa, require que o tema sexa interpretado en lingua galega. 

Os interesados en participara deben cumplimentar ata o 21 de marzo como data límite unha folla de inscrición que poderán conseguir no seu centro de ensino ou ben a través do enlace www.edu.xunta.es/centros/iesnumero1ordes.

Clasificatorias
A primeira rolda de clasificacións desenvolverase no IES Nº 1 o 8 de abril,  sendo a rolda final o 16 de maio no auditorio da Casa da Cultura de Ordes. Xa por último a discoteca LP 45 albergará o 31 de maio unha gran gala con participantes do concurso ademais doutros grupos e actuacións.  

     Para facer realidade esta idea o equipo de normalización lingüística do IES Nº 1 conta co apoio do IES Maruxa Mallo, a Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) e o Concello de Ordes.

*