martes, 4 de septiembre de 2012

Xa podes matricularte no curso de socorrista do Concello de Ordes


Son requisitos indispensables o título da ESO, nivel CELGA 2 e saber nadar

Inscricións na oficina de emprego da Casa do Concello

O Concello de Ordes ven de informar que ata o próximo xoves permanecerá aberto o prazo de inscrición para asistir ao curso de socorrista en instalacións acuáticas. Os interesados deberán apuntarse na oficina de emprego ubicada no segundo andar da Casa do Concello. 

Como requisitos indispensables esíxese estar en posesión do título de ESO, do nivel Celga 2 e ademais saber nadar. Este curso constará de 408 horas de formación teórica e práctica que se impartirán de 08:00 a 15:00 horas,tanto na Casa da Cultura como na piscina municipal climatizada dende o 12 de setembro ata o 4 de decembro

Para este venres está prevista unha selección entre todos os inscritos a partir das 09:30 horas na Casa da Cultura.

*