martes, 13 de agosto de 2013

O Día da Muiñeira encheu a Alameda de Ordes de música e folclore



Nesta ocasión participaron catro agrupacións musicais da comarca 

Un ano máis, Ordes rendeu tributo ao noso folclore o pasado domingo na Alameda coa celebración do Día da Muiñeira. 

Nesta ocasión contouse coa participación de catro agrupacións da comarca: a Asociación Cultural Veciños de Leira, a Asociación Cultural Os xeitosos de Trazo, a Asociación Cultural ‘Camiño Real’ de Poulo e a Agrupación Folclórica Sementes do Arte. 


Pasarrúas
Previamente, os integrantes de cada grupo realizaron un pasarrúas polo centro da vila interpretando pezas musicais en vivo para preto dos 1500 asistentes ao acto.

Para finalizar, os concelleiros Ramón Vázquez Raña e Lucia Iglesias fixeron entrega dunha placa conmemorativa a cada un dos grupos.

*

domingo, 11 de agosto de 2013

Achégate a Ardemil a celebrar a festa da malla



Hoxe a partires das 12:00 horas

Onte a parroquia acolleu un gran xantar popular

A parroquia ordense de Ardemil reviviu onte tempos pasados celebrando unha malla tradicional organizada pola Asociación Cultural Castro da Croa coa colaboración do Concello de Ordes.  


Separar o gran da palla
Dende media mañá a maquinaria empregada para levar a cabo dita labor traballou a reo ata conseguir separar o gran da palla.


Exposicións
Nas inmediacións expuséronse tamén arredor de 400 vehículos entre coches, motos e tractores, a maioría deles con máis de medio século nas costas. 

Tamén se celebraron mostras de antigüidades, de apeiros de labranza e obxetos de toda índole como mobles, pías, ou farrapos entre outros.
      
Xantar popular
A gran carpa instalada para a ocasión acolleu un gran xantar popular no que se degustaron, entre outras, polbo e carne ao caldeiro.

Hoxe domingo celebrarase o último día desta xuntanza. Será a partir das 12:00 horas cando dé comenzo a concentración de tractores antigos.

*

sábado, 10 de agosto de 2013

O PSOE de Ordes fai balance no ecuador da lexislatura



Moita espuma e diversión no Campo da Feira de Ordes



Máis de 1.500 persoas celebraron onte o Día do Neno 

Máis de 1.500 nenos e nenas disfrutaron no Campo da Feira de Ordes dunha tarde da diversión co Día do Neno. Unha festa da espuma, inchables, pallasos, animadores, música, obradoiros de pintura facial e chapas, e moito máis marcaron a xornada lúdica.   


*

Ordes celebra maña domingo o Día da Muiñeira


Celebración dunha edición pasada do Día da Muiñeira en Ordes / Arq.

A partires das 20:00 horas na Alameda de Ordes

Un verán máis, o Concello de Ordes celebra o Día da Muiñeira. A cita será mañá domingo a partir das 20:00 horas na Alameda de Ordes, aínda que previamente as catro agrupacións participantes farán un pasarrúas polo centro da vila. 

Participantes
Nesta edición cóntase coa participación do Grupo de Danza Asociación Cultural Veciños de Leira, a Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo, a Asociación Cultural ‘Camiño Real’ de Poulo, e a Agrupación Folclórica Cultural Sementes do Arte.

* 

viernes, 9 de agosto de 2013

O PP de Ordes urxe a revisión e o repintado dos pasos de peóns da vila

Estado dun paso de peóns da vila de Ordes.

Os populares presentarán no vindeiro pleno unha moción para instar ao Concello a revisar a sinalización horizontal e vertical

Martínez Sanjurjo: "É unha mágoa que o interese que o Goberno local puxo en subir a recadación do IBI non se traduza nun esforzo similar á hora de atender as necesidades dos contribuíntes"

O Partido Popular de Ordes informo hoxe de que facéndose eco das queixas plantexadas por varios veciños de diferentes rúas da vila, defenderá no próximo pleno municipal unha moción para instar ao Concello a revisar a sinalización horizontal e vertical de todos os pasos de peóns da vila, dado o deficiente estado que presentan.

O portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, enmarco as deficiencias que presentan os pasos de peóns de vila no desinterese do Goberno local respecto aos equipamentos públicos, dado que tanto o repintado dos pasos de peóns como a revisión e reposición da sinalización vertical implican custes perfectamente asumibles para as arcas municipais. 

Cando se trata de vías das que son titulares outras administracións, aseguran dende o PP, abondaría cunha notificación escrita.

Martínez Sanjurjo (PP).
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Lamentablemente, o equipo de Goberno de Ordes, comezando polo alcalde, leva todo o mandato nos despachos escapando da realidade, de costas aos veciños e ás súas verdadeiras necesidades"

"É unha mágoa que o interese que o alcalde e o seu  equipo puxeron en subir a recadación do IBI para os vindeiros dez anos, e con atrasos incluídos nas revisións efectuadas no ano 2012, non se traduza nun esforzo similar á hora de atender os problemas e necesidades dos contribuíntes”

*

Viva o Verán Cultural de Ordes!