martes, 6 de agosto de 2013

A Alameda acolleu hoxe un punto informativo sobre reciclaxe



A oficina itinerante ofreceu información sobre contedores e o risco de contaminación das pilas

Ao longo do día de hoxe, a Alameda de Ordes acolleu un punto informativo itinerante de información sobre reciclaxe. Deste xeito ofreceuse toda a información requerida sobre os diversos materiais susceptibles de ser reutilizados. 

Tamén en relación ós distintos contedores para depositar o lixo así como os procesos aos que son sometidos e os lugares onde se levan a cabo. 

Tamén se prestou unha especial atención ó tratamento de pilas e ó alto risco de contaminación que supón tiralas en lugares inapropiados. 

*

lunes, 5 de agosto de 2013

Suspendido o festival Brincadeira

Julio Nogueruela, o pasado venres en Ordes. 
Os seus organizadores alegan "falta de apoio institucional" e un "baixo número de entradas vendidas"

A comisión organizadora do festival Brincadeira 2013, ven de cancelar o festival musical apenas tres días despois de ser presentado oficialmente, e que tería lugar na estación da Pontraga os vindeiros días 9, 10 e 11 de agosto. 

Julio Nogueruela, responsable organizador, deu resposta hoxe a Ordessiete alegando dúas razóns esenciais para esta decisión: por unha banda, a "falta de apoio institucional", e por outra, o "escaso número de entradas vendidas". 

"Imposible seguir adiante"
Estas circunstancias resultan, segundo Nogueruela, "motivos definitivos para que sexa "imposible seguir adiante" cunha proposta cultural que pretendía achegar ata a Ordes a un número aproximado de corenta bandas de rock, ademais de actividades lúdicas coma unha casa pantasmal no mesmo edificio da vella estación.

"Nos doe moitisimo ter que comunicar esta nova, pero é que o risco empresarial é tan elevado que resulta insostible", asegurou o organizador. 

O festival Brincadeira suspéndese así por primeira vez logo de seis edicións consecutivas de música rock en Galicia.

* 

A música invadiu onte a Alameda de Ordes

A Banda de Música de Ordes, dirixida por Fernando Gontad, durante a súa actuación de onte.

A XIV Xunta de Bandas de Música congregou a máis de 400 persoas 

A Alameda de Ordes foi punto de encontro na tarde de note domingo para os amantes da música. Máis de 400 persoas segundo estimacións do Concello de Ordes, desfrutaron coa XIV Xuntanza de Bandas Concello de Ordes que contou coas actuacións da Banda de Música de Ordes e da Banda de Música de Boiro.

Instantes previos a que as formacións ocuparan o seu lugara no escenario, percorreron as principais rúa nun animado pasarrúas.
   
Bandas
No caso dos boirenses, con Juan Lois Diéguez á batuta,  interpretaron as pezas Ceresio (Franco Cesarini), Adagietto para flauta (Ted Huggens) con Nerea Ruibal como solista, Pacis Valley (Ben Haemhouts) e Basiliana (Jan Var der Roost). 

Por parte da Banda de Música de Ordes, dirixida por Fernando Gontad Losada, o seu repertorio estivo composto por Calpe (Fernando Penella), Rapsodia Galega Nº1 (E. García Rey), Obertura Selección (Arr. Fernando Gontad) e A noite do Santo Cristo (H. Cambeses).

Ao finalizar o acto os concelleiros Lucía Iglesias e Roberto Iglesias foron os encargados de entregar unha placa conmemorativa desta nova edición. 

*

viernes, 2 de agosto de 2013

O festival Brincadeira convertirá a estación da Pontraga nun pobo pantasmal


www.bricandeirafestival.com
Brincadeira: 9, 10 e 11 de agosto

Domingo 4: Día das Bandas; Venres 9: Día do Neno; Domingo 11: Día da Muiñeira

O mago Adry, coñecido pola súa participación no programa ‘Tú sí que vales’, foi o encargado de inaugurar hoxe o programa de actividades Verán Cultural organizado polo Concello de Ordes para este mes de agosto. 

Momento da actuación do mago Adry, esta tarde na Alameda de Ordes.
O punto de encontro na tarde de onte para máis de 400 veciños e veciñas, a maioría nenos e nenas, foi a Alameda de Ordes. 

Actividades
Venres, 2 de agosto. Clown interactivo, ‘Non sabes quen es’.
Sábado, 3 de agosto: ‘Os animadores chalados’.
Domingo, 4 de agosto: ‘Día das Bandas’, con pasacalles a partir das 19.45 horas.
Luns, 5 de agosto: Monicreques, ‘Elba e Marcos e os xoguetes encantados’.
Martes, 6 de agosto: Cé, orquestra Pantasma ofrecerá a obra ‘Home orquestra’.
Mércores, 7 de agosto: Clown, ‘O show de Popin’; 
Xoves 8 de agosto: Maxia co grupo Os 7 magníficos e o seu espectáculo ‘A historia de Brancaflor’
Venres, 9 de agosto: Día do Neno no Campo da feira.
Sábado, 10 de agosto: Circo e aéreos Kambahiota ‘Vaia circo’
Domingo, 11 de agosto: Día da Muiñeira
Luns, 12 de agosto: Monicreques coa obra ‘A divertida noite dos monstros’.

O concelleiro de Cultura de Ordes, Xosé Ramón Vázquez Raña (der.), e Julio Negueruela, organizador do festival Brincadeira, esta mañá en Ordes durante a súa presentación.
Brincadeira 
Finalmente o festival Brincadeira celebrarase na estación da Pontraga durante os días 9, 10 e 11 de agosto. 

Tamén se habilitará unha zona de acampada e tres áreas musicais diferentes para poder desfrutar de tres días de festa e concertos nos que actuarán preto de 40 grupos como Dios Ke te Crew, Pedrito Diablo y los Cadaveras, Malandrómeda,  Dr. Gringo, Chimo Bayo, N.O.M ou Vendetta, entre outros moitos. 

A estación transformarase nun auténtico pobo pantasma según a temática escollida este ano, as Ghost Towns e o terror.


Entradas: 15 euros
As entradas xa se poden mercar de xeito anticipado a un prezo de 15 euros, prezo que inclúe a zona de acampada, a través da web www.festivalbrincadeira.com, así como nas plataformas Ticketmaster, Ticketea.com, Novagaliciabanco.es, Fnac, Cerrefour, Halcónviajes.com ou La Caixa.


Haberá unha flota de autobuses que cada 30 minutos e dende as 16:00 horas achegarán ata a vila de Ordes a todos os que o precisen. As actuacións repartiranse en tres escenarios distintos dende os que se levarán a cabo as actuacións según o seu estilo musical, incluído os ritmos electrónicos ou reggae.

*

Presentada a nova alineación da S.D. Club Órdenes


A Alameda de Ordes, escenario este domingo da música das Bandas


A vila de Ordes acolle a 14º edición da Xuntanza de Bandas de Música coa participación das agrupacións de Ordes e Boiro

A Alameda de Ordes acollerá o vindeiro domingo a partir das 20:00 horas a súa tradicional Xuntanza de Bandas de Música, que este ano celebra a súa 14º edición. 

Un acto que se trasladará tamén ás principais rúas da vila grazas ao pasarrúas previo. Enriba das táboas estarán a Banda de Música de Boiro e os anfitrións, a Banda de Música de Ordes.

Ordenses e boirenses
No caso dos boirenses, con Juan Lois Diéguez á batuta,  interpretarán Ceresio (Franco Cesarini), Adagietto para flauta (Ted Huggens) con Nerea Ruibal como solista, Pacis Valley (Ben Haemhouts) e Basiliana (Jan Var der Roost). 

Por parte da Banda de Música de Ordes, dirixida por Fernando Gontad Losada, o seu repertorio estará composto por: Calpe (Fernando Penella), Rapsodia Galega Nº1 (E. García Rey), Obertura Selección (Arr. Fernando Gontad) e A noite do Santo Cristo (H. Cambeses).

*

Clausurado o I Campus de Fútbol Concello de Ordes

O concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias, cos técnicos e xogadores do Campus de Fútbol Concello de Ordes.

Participaron unha treintena de rapaces

O pasado mércores 31 clausurouse a segunda quenda do I Campus de Fútbol Concello de Ordes na que participaron unha treintena de rapaces 

No acto, o concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias, fíxolles entrega a cada un dos participantes dun diploma e dunha medalla. 

*