viernes, 8 de junio de 2012

Novas noites psicoeducativas os 15 e 29 de xuño


O obxectivo é ofrecerlle aos mozos e mozas alternativas ó ocio exentas de alcol e mellorar a súa autoestima e as relacións interpersoais

Os próximos 15 e 29 de xuño o Concello de Ordes en colaboración coa Deputación da Coruña celebrará unha nova edición das súas Noites Psicoeducativas. Unha iniciativa coa que se pretende ofrecer ós máis novos do municipio alternativas para o seu tempo de ocio, ensinándolles a empregalo con divertidas alternativas que non van vinculadas ao consumo de alcol. Asimesmo, con este plan preténdese incidir tamén na mellora da autoestima e das relacións interpersonais.

Nesta ocasión, os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos poderán participar en obradoiros de tiro con arco, manualidades, karaoke, elaboración de cócteles sen alcol, xogos populares ou cociña creativa entre outros. Todas estas actividades terán lugar no pavillón Campomaior de 20:30 a 23:30 horas. 

Prazas limitadas
As prazas serán limitadas polo que se recomenda realizar canto antes a inscrición correspondente na Oficina Municipal de Información Xuvenil situada no primeiro andar do novo concello. O prazo rematará o próximo 12 de xuño e a participación é completamente de balde. Para recibir máis información pódese consultar a web municipal (www.concellodeordes.com) ou ben chamar ó teléfono 981 680002.

Castro esixe o cese dos apagóns no centro da vila


A rúa dos Largartos, a escuras.
O nacionalista acusa ao alcalde de manter a escuras rúas importantes, "mentres despilfarra enerxia no aparcadoiro situado no campo da feira"

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, denunciou onte que desde hai varios días, existen importantes rúas do centro da vila de Ordes nas que non se pon en funcionamento o alumedado público.

Gonzalo Castro afirmou que, “en diversas rúas do centro da vila de Ordes, como a Rúa Nova ou a Rúa dos Lagartos, hai varios días que non se pon en funcionamento o alumeado público, sen que existan razóns que o xustifiquen, o que está ocasionando un perxuizo evidente aos veciños e veciñas, ademáis de xenerar un evidente risco para a seguridade cidadá”.

Aparcadoiro do Campo da Feira, iluminado.
Rúa dos Lagartos e Nova 
O portavoz do BNG de Ordes salientou que “o alcalde mantén a escuras rúas tan importantes como a rúa dos lagartos ou a rúa nova, mentres despilfarra unha desproporcionada cantidade de enerxía eléctrica, con catro focos de alumeado propios dun campo de fútbol no aparcadoiro situado no Campo da Feira, enfronte mesmo do seu domicilio”.

Gonzalo Castro esixiu ao alcalde de Ordes que “repoña de inmediato este servizo nas rúas que se atopan a escuras, xa que non hai ningunha razón que xustifique que se estea a perxudicar a seguridade e o benestar dos veciños e veciñas de Ordes”


*

Silvia Marín entregou os diplomas de graduado para adultos



Foron cincuenta os ordenses matriculados nas clases que reciben tres días á semana

"Ter unha titulación é moi importante para acceder ó mercado laboral", declarou a tenente de alcalde

Os alumnos do curso de graduado para adultos que ó longo dos últimos meses se desenvolveu no Concello de Ordes recibiron hoxe os seus diplomas acreditativos. O acto tivo lugar nos baixos da Alameda e contou coa participación dos concelleiros Silvia Marín e Luis Gómez que felicitaron a todos eles polos resultados xerais, así como polo esforzo e interés demostrado.

Unha vez máis o nivel de aprobados no Concello de Ordes supera o 30%, doblando a media de porcentaxe da maioría de localidades e centros que imparten este tipo de cursos. Cabe lembrar que Ordes presenta un elevado número de alumnos. En total son 50 personas matriculadas que reciben clases durante tres días á semana. 


Recursos
“Hai que ter en conta que este ano tan só houbo dous meses para poder preparar o programa, polo que aínda ten máis mérito o éxito acadado”, puntualizou a tenente alcalde, Silvia Marín. Aínda así dende o Concello estanse a tramitar os recursos daqueles alumnos que non están conformes cos resultados acadados tras os exames.


As frases de Silvia Marín, tenente de alcalde de Ordes
“Cada vez é máis importante estar preparado e ter unha titulación para poder acceder ó mercado de traballo, polo que adquirir este tipo de coñecementos é algo imprescindible para calquera”

"Animo a todos aqueles que teñan que realizar máis probas no mes de setembro a estudar e volver a intentalo adicándolle tempo e esforzo”

* 

O Concello de Ordes entrega os premios do I Concurso de Realización de Xoguetes con Lixo



Participaron máis dunha veintena de rapaces de entre os 3 e os 12 anos

Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente celebrado hoxe o Concello de Ordes entregou os premios ós participantes no I Concurso de realización de xoguetes feitos con lixo. Nel participaron máis dunha veintena de rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos de idade, que realizaron os seus particulares xoguetes empregando todo tipo de refugallos. 

Os concelleiros Silvia Marín e Luis Gómez foron os encargados de facerlle entrega dunha bolsa repleta de agasallos e sorpresas. Marín destacou a importancia deste tipo de iniciativas que “demostran que o lixo se pode reutilizar e transformar en cousas novas e divertidas”. Os traballos estarán expostos durante as vindeiras semanas na pranta baixa do novo edificio da Casa do Concello para desfrute dos visitantes.



*

Desempregados e autónomos de Ordes participan nun novo curso de deseño gráfico



Aprenderán a manexar os programas Photoshop e Freehand

O Concello de Ordes acolle dende onte un novo ciclo de formación orientado a desempregados e autónomos. Trátase dun curso de deseño gráfico cuxas clases presenciais, que ascenden a 15 horas, se desenvolverán ata o vindeiro 26 de xuño. Posteriormente os alumnos poderán continuar o proceso de aprendizaxe a través de internet durante 30 horas máis. Os 15 alumnos que participan neste novo plan de formación, autónomos e desempregados do Concello de Ordes, traballarán cos programas Photoshop e Freehand.  


Gratuíto
O curso é de carácter gratuíto e está cofinanciado pola Xunta de Galicia, o Fondo Social Europeo e a Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia, ademáis de contar coa colaboración do Concello de Ordes.

*

Verónica Gómez Fuentes, nova secretaria de Economía e Emprego do PSdG coruñés


Verónica Gómez Fuentes é natural de Buscás.
Xesús Pedreira: "Este nomeamento é un recoñecemento de Francisco Caamaño ao traballo da Agrupación Socialista de Ordes”

A ordense Verónica Gómez Fuentes vén de ser nomeada a pasada fin de semana á fronte da Secretaría de Economía e Emprego do PSdeG-PSOE da Coruña, logo da elección de Francisco Caamaño como secretario xeral dos socialistas coruñeses. 

O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, considera que “este nomeamento é un recoñecemento de Francisco Caamaño ao traballo realizado pola Agrupación Socialista de Ordes, pois é moi significativo que confíe en nós un área de tanta responsabilidade, especialmente nestes tempos de crise económica que estamos a vivir”.

Número catro nas municipais 
Pedreira Mirás felicitou a Verónica Gómez, que formou parte da lista do PSOE de Ordes nas pasadas eleccións municipais. Gómez Fuentes, que ocupaba o posto número catro da lista, é veciña de Buscás e está licenciada en Administración e Dirección de Empresas.

*

A Mancomunidade saca a concurso o servizo de axuda a domicilio


O pleno da Mancomunidade de Municipios de Ordes durante a súa reunión ordinaria nos baixos da Alameda.

Presentará aos Plans Coopera un proxecto para a elaboración dun protocolo comarcal de loita contra a violencia de xénero

O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes aprobou o pasado luns sacar a concurso o servizo de axuda a domicilio, que actualmente presta atención a 59 veciños e veciñas de Frades, Ordes e Oroso. Un servizo que se mantén grazas ao compromiso e ás aportacións destes tres Concellos e a pesar dos recortes experimentados durante 2011 por parte da Consellería de Traballo e Benestar, que reducíu as súa aportación ao cofinanciamento deste servizo nun 89% (dende os 90.401,74 euros anuais aos 9.757,05 euros).

A Mancomunidade de Ordes sacará nas vindeiras semanas o pliego de condicións para o concurso, onde se pedirá ás empresas que fagan as súas ofertas sobre un total de 30.684 horas de prestación. A día de hoxe, o servizo de axuda a domicilio é prestado pola empresa ordense Endeben SC, despois de que en 2010 resultara adxudicataria do servizo por un periodo de dous anos e un orzamento de 330.000 euros anuais.

Coa prestación deste servizo de axuda no fogar, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes pretende facilitar a permanencia dese veciño ou veciña no seu propio entorno de convivencia mentras iso sexa posible e convinte. Uns servizos que inclúen atencións de carácter persoal na realización das actividades da vida diaria tales coma asistencia para erguerse e deitarse, apoio no coidado e hixiene persoal, control do réxime alimentario e axuda para alimentarse (se fose preciso), supervisión das rutinas de administración dos medicamentos prescritos polos médicos, apoios para cambios posturais...

Protocolo de violencia e mostra de obradoiros
Por outra parte, o pleno de hoxe tamén acordou presentar un proxecto á convocatoria pública dos premios Coopera Galicia Entidades Locais, que distingue as iniciativas de fomento do asociacionismo municipal mediante proxectos piloto de xestión compartida de servizos por parte de agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas de Galicia. A Mancomunidade de Ordes vai presentar un proxecto do Centro de Información á Muller (CIM) para a elaboración dun protocolo de actuación contra a violencia de xénero a nivel comarcal, que implique non só ás forzas de seguridade e aos servizos sociais de cada un dos sete concellos da comarca, senón tamén a outras entidades como os centros educativos, os centros de saúde, os xulgados...

Finalmente, todos os alcaldes presentes quedaron emprazados para o vindeiro luns 11 de xuño, ás 20:00 horas, no Museo do Traxe de Ordes, onde terá lugar a inauguración da VI Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes. Unha exposición na que se poderán ver os traballos realizados por máis de douscentos veciños e veciñas dos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo durante o último curso. Todos eles levarán un pequeno agasallo conmemorativo e as súas obras poderán ser visitadas do 12 ao 17 de xuño no Museo do Traxe de Ordes.

A esta sesión ordinaria do pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes asistiron asistiron todos os alcaldes da comarca de Ordes: José García Liñares (Cerceda), Miguel Prado Patiño (Frades), Mariano Iglesias Castro (Mesía), Manuel Regos Boquete (Ordes), Manuel Mirás Franqueira (Oroso), Antonio Pereiro Liñares (Tordoia) e Xosé Dafonte Varela (Trazo).

*

jueves, 7 de junio de 2012

Alejandro Fernández e Águeda Ofelia Blanco, gañadores da XVII Carreira Popular Concello de Ordes


Saída da categoría absoluta; no medio da imaxe, Alejandro Fernández, gañador da proba.

A edición deste ano contou coa colaboración de La Caixa, Gadis, Nutrexpa, Carnicería Enrique, Estrella Galicia, Coca Cola, Feiraco, Sportec, Deportes Capitán, Seguros Reale e Asesoría e Seguros Jaime Castro

Máis de 500 atletas de todas as idades chegados das catro provincias galegas participaron o pasado domingo na XVII Carreira Popular do Concello de Ordes. Unha cita  que cada ano congrega no centro da vila a milleiros de persoas entre participantes e público.

A distancia dos circuitos variou según a categoría, indo dende os 500 metros dos competidores baby e prebenxamín, os 1.000 metros das categorías benxamín e alevín, os 3.000 metros das categorías infantil e cadete, e os 9.500 metros das categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns. Nesta edición houbo trofeos para os tres primeiros clasificados de cada unha delas, así como para os tres primeiros homes e mulleres das probas xuvenil, junior, promesa e senior e tamén para os veteráns. Quenes tamén levaron trofeo foron os tres primeiros clasificados do municipio na proba absoluta (xuvenil, junior, promesa, senior e veterán), ó participante máis xoven  e ó máis veterán.

Saída da proba infantil.
Premios
No referente ós premios en metálico entregáronse en total case 1.000 euros. No caso dos cheques individuais ascenderon a 150, 80 e 50 euros para homes e mulleres na carreira absoluta. Por equipos os cheques asecenderon a 150, 100 e 50 euros para os tres primeiros clasificados da mesma proba. Unhas cuantías que se repitiron no caso dos equipos procedentes do mesmo municipio.  Ademais houbo un premio especial de 150 euros para o centro académico de Ordes con maior número de corredores, que recaiu no CEIP Castelao. 

A mesma cantidade recibiu o Club Atletismo Ordes como premio  especial ós clubes municipais participantes. Pero non só ós equipos de Ordes se lles brindou un premio especial en metálico, o Atletismo Coruña Comarca, Atletismo Sar-Poutada e o Club Atletismo Milladoiro recibiron 150, 100 e 50 euros respectivamente.

Águeda Ofelia Blanco, María del Carmen Penas e Inma Rodríguez, gañadoras da proba absoluta, xunto á tenente de alcalde do Concello de Ordes, Silvia Marín.

Clasificación
CATEGORÍA BABY (nenos)
1º Xabi Souto López
2º Iván Sánchez Estévez
3º Mauro Rivadulla Rivadulla

CATEGORÍA BABY (nenas)
1º Candela Gende Iglesias
2º Ana Regos Pereiro
3º Xoana Méndez González

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (nenos)
1º Rodrigo Sanjurjo Rivas
2º Hugo Dopazo Marta
3º Álvaro Arias Ferreiro

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (nenas)
1º Sonia Rivadulla Blanco
2º Ingrid Sande Otero
3º Gloria Iglesias Grobas

CATEGORÍA BENXAMÍN (nenos)
1º Daniel Regueiro Pallas
2º Xoel Lorenzo Colinas
3º Ephrem Canal Piñón

CATEGORÍA BENXAMÍN (nenas)
1º Tania Villasenín Bello
2º María Pena Ferreiro
3º Lucía Rey Gende

CATEGORÍA ALEVÍN (nenos)
1º Leonardo Guazzone Mariño
2º Adrián López García
3º Diego Martínez Rivas

CATEGORÍA ALEVÍN (nenas)
1º Elena Rodríguez Otero
2º Daniela Eiras León
3º Sara Míguez Pais

CATEGORÍA INFANTIL (nenos)
1º Pablo Monteagudo Lago
2º Brais Insua regueira
3º Leo Cendán Malingret

CATEGORÍA INFANTIL (nenas)
1º Lucía Suárez Crespo
2º Amara Fontao Saavedra
3º Antía Paz carracedo

CATEGORÍA CADETE (nenos)
1º Tariku Novales Ordax
2º Adrián Freire Gil

CATEGORÍA CADETE (nenas)
1º Cristina Deus García
2º Noelia Candal Vilanova

CATEGORÍA XUVENIL (homes)
1º Xosé María Mayo Figueroa
2º Damián Martínez Sánchez

CATEGORÍA XUVENIL (mulleres)
Baleiro

CATEGORÍA JUNIOR, PROMESA E SENIOR (homes)
1º Jorge Crespo Arias
2º José Alfredo Amado González
3º David Santos Domínguez

CATEGORÍA JUNIOR, PROMESA E SENIOR (mulleres)
1º Marinela Mayo Caamaño
2º Iria Soto Iglesias
3º María Romero Ferreiro

CATEGORÍA VETERÁNS A (homes)
1º Manuel Oliver Pérez López
2º Ramón Serantes Gómez
3º Samuel Veiga Iglesias

CATEGORÍA VETERÁNS A (mulleres)
1º Purificación Fernández Campos
2º Victoria Fernández García
3º María Elena Míguens Otero

CATEGORÍA VETERÁNS B (homes)
1º Ángel José Rodríguez López
2º Emilio Martínez Anta
3º Juan Carlos Fernández Castro

CATEGORÍA VETERÁNS B (mulleres)
1º Purificación bermúdez Turnes
2º Isolina Bernárdez Pájaro
3º Beatriz González Senín

CATEGORÍA VETERÁNS C (homes)
1º Jose Pedro Rilo Pena
2º Sergio Rodrígez Rodríguez
3º José Ramón Garabato Quintáns

CATEGORÍA VETERÁNS C (mulleres)
1º Pilar Marquiz Hernández
2º Lina Fuentes Noya
3º Francisca Romasanta Parada

CARREIRA ABSOLUTA (homes)
1º Alejandro Fernández Rivera
2º Rubén Caamaño Nieto
3º Juan Pena Holguín

CARREIRA ABSOLUTA (mulleres)
1º Águeda Ofelia Blanco Pérez
2º María del Carmen Penas Blanco
3º Inma Rodríguez Ferreiro

PARTICIPANTES LOCAIS CARREIRA ABSOLUTA (mulleres)
1º Carlos Fernández Villaverde
2º Juan Carlos Rodríguez Queija
3º Xosé Manuel Boquete Casas

PARTICIPANTES LOCAIS CARREIRA ABSOLUTA (mulleres)
1º Luisa Calvo Germales

PARTICIPANTE MÁIS XOVEN
Xan Rodríguez Iglesias

PARTICIPANTE MÁIS VETERÁN
José Neira Hermida


Os gañadores en categoría absoluta, Alejandro Fernández, Rubén Caamaño e Inma Rodríguez, xunto a Silvia Marín.
Patrocinadores
Para levar a cabo esta XVII edición da Carreira Popular o Concello de Ordes conta coa colaboración de La Caixa, Gadis, Nutrexpa, Carnicaría Enrique, Estrella Galicia, Coca Cola, Feiraco, Sportec, Deportes Capitán, Seguros Reale e Asesoría e Seguros Jaime Castro.


*

Cerca de 200 cabalos déronse cita na II Xuntanza Cabalar de Ardemil



Os participantes disfrutaron tamén dunha gran churrascada

A parroquia ordense de Ardemil celebrou a II xuntanza cabalar durante os pasados martes e mércores. Dúas xornada que presentaron un elevado número de visitantes e participantes, superando con creces o centenar de exemplares inscritos nas distintas probas. Os organizadores e xinetes tamén disfrutaron dunha gran churrascada no día de  hoxe, antes do comenzo da exhibicións de andadura e os xogos de barrís.

*

miércoles, 6 de junio de 2012

Obradoiros ó aire libre de baile e música marcan o inicio das celebracións das IV Noites de tasca



O gaiteiro de Taramundi Manuel Enríquez Fernández, presentou o seu novo libro-CD no Museo do Traxe Juanjo Linares

Os actos de celebración do cuarto aniversario de Noites de tasca arrancaron na tarde do pasado martes en Ordes con dous obradoiros de baile e gaita ó aire libre. Acompañados polo bo tempo e as altas temperaturas, a Alameda ordense e a explanada situada nas inmediacións do Museo de Traxe Juanjo Linares serviron de improvisados escenarios. En ambos espazos os integrantes do Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes e as asociacións Sementes da Arte e Camiño Real de Poulo levaron a cabo un obradoiro de gaita e baile no que participaron tanto os seus integrantes como moitos veciñas e veciños.


Gaitas
Ás 20:30 horas o salón de actos do Museo do Traxe acolleu a presentación do novo libro-CD ‘Nela de Bres’ por parte do gaiteiro de Taramundi, Manuel Enríquez Fernández. Un acto que contou coa presenza de Ramón Vázquez, concelleiro de Cultura de Ordes, quen lle fixo entrega dun pequeno agasallo en nome do Concello. Vázquez tamén lle brindou unhas palabras de agradecemento “por ter escollido o Concello de Ordes nunha data tan sinalada para a presentación deste novo traballo”. Un libro de carácter biográfico que fai un percorrido pola súa biografía e polo seu repertorio. 


Galicia e Asturias
Tal e como explicou no acto o gaiteiro Raúl Galego “en nela condénsanse unha serie de carácterísticas e virtudes propias da zona dos Ancares, Fonsagrada e Taramundo entre outras poboacións. Un espazo onde se funde a tradición musical galega coa asturiana. ‘O vals de Taramundi’, ‘Muiñeira de Alejandro das Neves’ ou a ‘Jota de patricio’ son algunhas das 24 pezas que aparecen no CD que acompaña a obra.


Noites de tasca
Noites de tasca é unha iniciativa desenvolvida polo grupo de gaitas os Viqueiras de Ordes, que cada semana ofrece un recital de música e baile tradicional en diversos establecementos da comarca, contando coa participación de distintos grupos chegados de todas as provincias galegas e incluso de Asturias.


Participantes
Para unha celebración tan especial, dezaseis bares e restaurantes da vila de Ordes contaron nesa mesma noite coa actuación dun intérprete, grupo musical ou agrupación folclórica.  Estas foron: Caivanca, Camiño Real de Poulo, Flor da Maquía, Sarillo de Aiazo, Acordeonistas de Lesta, Xentiña de Trazo, Somos Nós, Faiscas da Pontraga, Grupo de Gaitas os Viqueiras de Ordes, Contracocheno, Manuel Viqueira, Manuel Enríquez ‘Nela’, as Pandereteiras das Encrobas, Embruxos de Leira, Escola de Música Tradicional de Mesía, Os Xeitosos de Trazo, Raúl Galego ‘O Gaiteiro Nubeiro’, Os Reiceiros da Pontecarreira e a as Pandereteiras de Cerceda. A organización tamén organizou unha gran foliada entre todos a partir da media noite na cervecería Islia. 

*

Unha campaña publicitaria convidará aos camioneiros a transitar pola ronda leste


O pleno municipal do mes de maio celebrouse coa ausencia do alcalde, Manuel Regos.

O pleno municipal aproba a moción nacionalista de limitar o tráfico pesado pese ás abstencións de UxO e PP

Os socialistas ven aprobado o seu plan estratéxico de reactivación do sector textil

*O pleno municipal da corporación municipal do Concello de Ordes correspondente ao mes de maio de 2012 está disponible en Radio Ordes a través deste enlace.


O pleno ordinario do mes de maio do Concello de Ordes iniciose na tarde do pasado xoves 31 coa moción do PSOE na que se solicitaba a elaboración dun plan estratéxico por parte da Xunta  de Galicia para a reactivación do sector textil na comarca. Os socialistas lembraron que dende 2008 lévanse perdido arredor de 500 postos de traballo entre autonómos e asalariados.

Na mesma moción tamén se demandaba a creación dun centro tecnolóxico avalado polo Igape con parte do presuposto non executado no último ano, que ascende a 113 millóns de euros. Según Xesús  Pedreira “a infraestructura existente en Ordes faría posible recuperar a producción xa que podemos ofrecer maior rapidez e unha maior especialización que os que se ofrecen noutros puntos de Asia ou Marrocos”. Outra das demandas que se reflexan no texto é que a Xunta de Galicia facilite a presenza de empresas galegas nos concursos de provisión do Sergas ou demais consellerías.

Pedreira tamén criticou o plan estratéxico posto en marcha pola Xunta para o sector no ano 2010 “xa que non é eficiente dada a cantidade de empregos que se perderon”. Este aspecto foi rebatido polos concelleiros do PP quenes aseguraron que de saír adiante a iniciativa sería incurrir nun gasto innecesario para a Administración Pública.

Pola súa banda, o equipo de Goberno apoiou dita moción argumentando que se trata dun investimento nun sector estratéxico para Ordes. Unha idea compartida por BNG e CideGa. Ó final a moción foi aprobada cos votos a favor de todas as formacións políticas, agás cos do PP que se abstiveron.

Beirarrúas e aparcamentos
A segunda das mocións presentadas polos socialistas facía referencia á recuperación de beirarrúas e zonas de aparcamento en certos tramos da avenida Alfonso Senra. Unha solicitude que foi apoiada unánimemente e que deberá ser aprobada por Demarcación de Carreteras e o Ministerio de Fomento. Pedreira asegurou que o proxecto é máis que factible grazas á disminución do tráfico pesado que traerá a apertura da recentemente inaugurada rolda leste. Dende as filas socialistas tamén se asegura que Fomento xa ten un proxecto que contempla ditas demandas e que avala as súas espectativas.

Nesta ocasión os nacionalistas non viron prosperar a moción pola que se solicitaba que a Igrexa abonase o IBI polas súas propiedades. Según o seu voceiro, Gonzalo Castro, esto suporía preto de 30.000 euros anuais nas arcas municipais. Os votos a favor de BNG, PSOE e CideGa non foron suficientes ante a negativa de PP e UXO quenes se opouxeron a súa urxencia polo que nin sequera se chegou a debatir. Este feito motivou as críticas do portavoz nacionalista que afirmou que “a dereita ordense está a favor dun sistema fiscal totalmente inxusto, que mantén privilexios anacrónicos como a exención do pago do IBI ás confesións relixiosas, mentres se sube ese mesmo imposto aos veciños e veciñas de Ordes nun 23%”.

Ensino público
A que sí viron aprobada foi a súa moción en defensa do ensino público. Según explicou Gonzalo Castro a aprobación do RD Ley 14/2012 do 20 de abril suporá entre outros aspectos o aumento da ratio nas aulas, a desaparición das dúas modalidades de bacharelato, a non suplencia de baixas entre os docentes, o aumento do horario laboral entre os mestres e profesores e un empeoramento das condicións e dos ciclos de FP.

Un texto que se viu complementado coa emenda presentada polo PSOE na que se solicita a eliminación transitoria dos complementos retributivos variables, ademais do aprazamento da actualización dos ciclos formativos de FP ó curso 2014-15. Pedreira asegurou que as medidas do RD 14/2012 suporán un “deterioro agudizado da ensinanza e da docencia” e que “non afrontan os verdadeiros problemas do sistema educativo”. O PSOE tamén solicitou a presentación ante o presidente do Goberno de España e da Xunta de Galicia dun recurso de invasión de competencias con respecto ó Goberno autonómico. Algo tamén compartido polos representantes do BNG.

A tenente alcalde, Silvia Marín, apostou tamén pola flexibilidade do ensino según as características e idiosincrasia das Comunidades Autónomas. Marín tamén destacou a importancia de “apoiar o ensino público e investir na súa calidade máis que nos centros concertados”. Pola contra o PP negou todos os puntos criticados e destacou a política de diálogo cos representantes de cada Comunidade Autónoma. Para xustificar a súa postura aportou cifras referente ó abandono escolar, situándoo nun 23% na época do bipartito e nun 20,8% dende que chegaron ó poder. Ó final todas as formacións, agás o PP, votaron a favor desta medida.

Vehículos pesados
O Pleno tamén aprobou a moción do BNG na que se propoñía instar ao Ministerio de Fomento a limitar o tráfico dos vehículos pesados, que circulen en dirección A Coruña ou Santiago, no tramo da N-550 que discurre polo centro da vila de Ordes, ao existir xa a alternativa da recentemente inaugurada ronda leste. Tanto PSOE como CideGa apoiaron a iniciativa mentres que PP e UXO  se abstiveron.  

O Goberno xustificou a súa postura argumentando que non teñen potestade legal para facer tal prohibición, aínda que xa se mantiveron varias xuntanzas co Ministerio de Fomento para tratar este punto. O acordo alcanzado pasa por mellorar a sinalización que indique o desvío de acra ó novo vial, ademáis de emprender unha campaña informativa co reparto de octavillas entre os camioneiros e transportistas.

Rotonda da Gorita
No caso do Partido Popular presentouse unha moción en relación á rotonda da Gorita en dirección á parroquia de Buscás. Según os populares a construcción dun muro perimetral nas súas inmediacións reduce a visibilidade e a seguridade. Os populares demandaban a regularización da titularidade da parcela e da súa permuta dados os problemas acontecidos co propietario, así como o derrubamento de dito muro e a correción de erros toponímicos que presentan as sinalizacións. A este respecto Silvia Marín explicou que o non alcanzar un acordo de permuta co propietario dende o Concello xa se ten iniciado un expediente de expropiación forzosa.

A decisión final pasa por instarlle ó alcalde a que acade unha solución o antes posible con respecto a este tema, e que expropie o antes posible xa que se ten iniciado o procedemento. Os votos a favor viñeron da man de BNG, PP e CIDEGA, mentres que o PSOE se abstivo e UXO votou en contra.

Rogos e preguntas 
No apartado de rogos e preguntas destacou o interés do BNG por mellorar a ilumninación e sinalización do paseo Iván Raña, un aspecto que o Concello xa abordou co Ministerio de Fomento e que en breve estará solventado. Ramón Vázquez, edil de Cultura, tamén explicou que os abonos a entidades e organizacións culturais e deportivas xa se está levando a cabo e que en breve se darán a coñecer as bases de axudas, xa que actualmente se están realizando unha serie de variacións con respecto ás do ano pasado. 

En referencia á situación do PXOM, o Concello xa lle ten remitida a documentación adicional solicitada pola Xunta, polo que están en situación de espera para que sexa aprobado. Seguindo coas obras o edil de urbanismo, Roberto González, explicou que as obras que actualmente se están cometendo na piscina municipal ubicada no Campo da Feira están sendo executadas pola Xunta e están incluidas nos orzamentos do ano pasado. Éstas consisten nunha mellora da canalización do río Mercurín que transcurre por baixo de ditas instalacións.

No caso do PSOE a primeira das súas cuestións versou sobre a instalación da zona azul na rúa do Recreo, que se instalará unha vez rematen definitivamente as obras. A día de hoxe o Concello aínda está pendente de que remate o recubrimento do alcantarillado. Por parte do Goberno aceptouse tomar en consideración este rogo para iniciar o procedendo da ordenanza municipal de ocupación de beirarrúas. Un tema que, según Xesús Pedreira, está a provocar moitas protestas veciñais sobre todo na Rúa Muíño.

No caso dos populares explicóuselles que dende Demarcacións de Carreteras levarase a cabo a mellora da rotonda que enlaza a N 550 coa estrada de Cerceda. No caso das deficiencias que presenta a rúa Campeiras, Marín explicou que o periodo de garantía está sen concluir e que o Concello non devolverá o aval ata que estén subsanadas. En referencia ós programas e axudas do Plan Míner todavía non se ten información de ningún tipo a pesar da insistencia e interés amosado polo Concello. 

Os populares tamén preguntaron polo local da xuventude. Para tratar o tema mantiveronse encontros con nais e pais de moitos mozas e mozos que se comprometeron a tantear a través das redes sociais o posible número de usuarios, estando o Concello pendente aínda de que se lles informe ó respecto. O partido Popular tamén puso de manifesto o seu descontento con Radio Ordes, medio que acusou de ser parcial e ofrecer información única e exclusivamente do Goberno Local. Por último tamén se aclarou que a pesar de non ter aínda unha data concreta este ano, tal como é habitual, tamén se celebrará a Festa da 3º Idade. 

*