martes, 29 de abril de 2014
domingo, 27 de abril de 2014
Pepe Blanco, a favor do partido xudicial de Ordes
![]() |
José Blanco, esta tarde en Ordes, acompañado de Francisco Caamaño, Manuel Mirás e Xesús Pedreira. |
O exministro de Fomento e candidato socialista ao Parlamento Europeo, o lugués José Blanco, estivo esta tarde en Ordes visitando Expo Ordes e a Degustación do Champiñón acompañado polo tamén exministro e deputado autonómico Francisco Caamaño, do alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e do secretario xeral do Socialistas de Ordes, Xesús Pedreira.
No expositor do PsdG-PSOE de Ordes, os exministros eo alcalde tiveron ocasión de asinar en contra da reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial que contempla, entre outros, a desaparición do partido xudicial de Ordes.
TVG
A visita dos exministros e do alcalde de Oroso a Ordes foi cuberta polos servizos informativos da TVG, e pode verse a través deste enlace.
*
Protagonistas:
Xesús Pedreira
Expo Ordes celebra a súa segunda xornada dedicada aos empresarios e autónomos
![]() |
Manuel Regos xunto ao deputado Miguel Prado e varios alcaldes da Comarca de Ordes, onte en Expo Ordes. |
Regos: "Queremos presentar o asociacionismo e cooperativismo de productos autóctonos como unha alternativa con futuro"
Hoxe se celebra a XXV Degustación do Champiñón
Tras una xornada inaugural adicada
especialmente aos empresarios e autónomos do municipio, o Concello de Ordes celebrou onte aa
segunda xornada da XXV Feira Multisectorial e de Maquinaria Agrícola Expo Ordes
2014.
Previamente, ao mediodía, todos os alcaldes
da zona e o deputado Miguel Prado acompañados do presidente da Mancomunidade de
Ordes, Manuel Regos, visitaron o posto do organismo supramunicipal.
Entre moitos outros aspectos falouse das
distintas e variadas potencialidades e solucións que ofrece o cooperativismo
como modelo empresarial na actualidade.
Degustación do Champiñón
As portas volverán
abrirse hoxe domingo a partir das 10:00 horas. A XXV Degustación do Champiñón será
o máis destacado e para elo todo tipo de establecementos hostaleiros da zona
repartirán de balde tapas e racións elaboradas con este producto.
En total
estímanse que serán arredor de 7.000 quilos os que se preparen para ser
degustados ao longo de todo o día por veciños e visitantes.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Queremos que este ano Expo Ordes serva para promocionar os productos da terra, o que é noso propiamente así como unha oportunidade e inspiración de posibles negocios para os que se animen a emprender unha iniciativa.
De aí que queiramos presentar o asociacionismo e cooperativismo de productos autóctonos como unha alternativa con futuro”
*
Protagonistas:
Manuel Regos
A Corporación de Ordes rexeita as reformas xudiciais de Gallardón
A proposta foi respaldada por todos os grupos agás o PP que aposta por unha "modificación" da lei
Quedou rexeitada a proposta de creación dun viveiro de empresas no Centro Comarcal
A Corporación Municipal do Concello de Ordes
aprobou o pasado xoves a proposta presentada polo Goberno local, na que se lle insta ao
Goberno de España a manter o partido xudicial de Ordes.
Así, solicítaselle
a retirada do anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial baseada na
existencia dun único tribunal de instancia de ámbito provincial, así como na
transferencia a Galicia da competencia sobre a delimitación da demarcación e
planta xudicial.
Tamén se lle reclama ao Goberno da Xunta de Galicia a creación dun grupo de
traballo para a definición dun modelo adecuado ás particularidades sociais,
territoriais e demográficas da Comunidade.
Tan só o PP se abstivo á hora das
votacións alegando que “non é preciso a retirada do anteproxecto de lei senón
unha modificación dela co fin de posibilitar a modernización do sistema”.
Pensións e IVE das perruquerías
O PSOE viu prosperar todas as súas mocións.
Solicitábase o restablecemento da revalorización das pensións públicas según o
establecido no Pacto de Toledo antes da
súa modificación en base á lei 23/2013 de 23 de decembro reguladora do Factor
de Sustentabilidade e do índice de Revalorización do Sistema de Pensións da
Seguridade Social.
Tamén se instou á
reconsideración da aplicación do tipo xeral do IVE no 21% aos servizos de
perruquería, volvendo ao tipo reducido do 10%. Por último, e de xeito unánime, decidiuse
instar á S.A de Xestión do Plan Xacobeo a retomar o proxecto para construir un
albergue na Casa Reitoral do Outeiro, na parroquia de Poulo.
No caso do BNG non se lle
aceptou a solicitude de crear unha auditoría para o aforro enerxético no
alumeado público, xa que tal e como explicou a tenente de alcalde, Silvia Marín, “as medidas levadas a cabo ata
o de agora supuxeron que a pesar de do incremento nos costes do subministro no
se pague máis” ademais tamén se aclarou que “unha auditoría deste tipo só a
poden realizar empresas especializadas e habería que saber antes de nada o
custo que suporía para as arcas municipais”.
Viveiro de empresas
Tamén se rexeitou a proposta da
creación dun viveiro de empresas no Centro Comarcal, en gran medida debido a
que “dende o Concello xa se está habilitando a segunda pranta da praza de abastos
para a creación dun centro de emprendemento”.
Neste aspecto tamén se
puntualizou que ata o de agora “todavía se están retirando arquivos e material
depositado neste inmoble e que non pertence ao Concello, polo que aínda non se
pode acceder e dispoñer de él”.
Terrazas
No relativo á proposta do BNG de modificar a ordenanza
municipal reguladora das terrazas e outras ocupacións de dominio público abriuse
a posibilidade de debatilo “máis adiante en comisión” xa que a actual “foi
consensuada recentemente entre todos os grupos políticos e é preferible deixar
que esté vixente un pouco máis de tempo co fin de concretar detalladamente os
defectos que poida presentar”.
Tras as aclaracións realizadas polo interventor municipal en relación ás facturas da Escola Infantil Sorrisos,
rexeitouse a creación dunha comisión para a súa investigación.
Tal e como se explicou
“ao Concello de Ordes non se lle cargou ningunha factura indebida, xa que as
informacións aparecidas recentemente na prensa en base ás gravacións efectuadas
polo Servizo de Vixianza Aduaneira aluden a “asuntos internos da empresa
concesionaria que non nos atinxen”.
A tenente de alcalde tamén puxo a
disposición de todos as facturas existentes e explicou que “a de Ordes é das
xestións máis transparentes porque todo se leva a cabo dende o Concello e a
contabilidade está baseada polos servizos que se prestan a cada alumno”.
Sinalización horizontal
Os
populares tamén instaron ao Concello a revisar e reparar con urxencia a
sinalización horizontal da vila, moción que prosperou.
No apartado de rogos tamén se deu conta do
informe realizado a petición do alcalde á empresa Espina & Delfín,
responsable do subministro de auga potable. Nel concrétase que o pasado día 8
prodúxose a rotura dunha tubería do suministro xeral.
Unha situación que propiciou
a aparición de aire nas conduccións, o que á hora do seu restablecemento provocou a movemento de sólidos e outras
partículas depositadas no fondo de ditas
conduccións.
No informe tamén se precisa a rotura provocada o pasado día 23
dunha tubería ubicada preto dos depósitos de distribución de auga potable. Por
todo elo acordáronse medidas baseadas no vaciado e purga continuada dos puntos
críticos da rede de suministro, aumentar o control rutinario dos parámetros
físicos e químicos da auga destinada a consumo, ademais da atención
personalizada aos posibles clientes afectados pola ata turbidez.
*
Protagonistas:
Silvia Marín
O PSOE recolle sinaturas en Expo Ordes na defensa do partido xudicial de Ordes
Pedreira: "“Esperamos contar co apoio da gran maioría desas 36.000 persoas que se agarda que visiten a vila durante esta fin de semana"
O PSOE de Ordes está a organizar unha recollida de sinaturas na defensa do
partido xudicial ordense durante a celebración de Expo Ordes 2014.
Os socialistas dispoñen dun espazo na feira
multisectorial ordense para que todos os que a visiten teñan a oportunidade de
amosar o seu rexeitamento á Lei de Demarcación e de Planta Xudicial, que
contempla a desaparición de partidos xudiciais como os de Ordes e a súa
concentración nas capitais de provincia, neste caso na Coruña.
![]() |
Xesús Pedreira (PSOE). |
“Esperamos contar co apoio da gran maioría desas 36.000 persoas que
se agarda que visiten Expo Ordes durante esta fin de semana, coincidindo coa
celebración da Festa do Champiñón”
“É importante que todos os veciños, tanto de Ordes coma do resto da comarca,
asinen este manifesto para amosar que non están dispostos a ter que
desprazárense a máis de 40 quilómetros para recoller un simple certificado”
"A reforma proposta por Gallardón non suporá
aforro ningún para a Administración e, pola contra, só dificultará aínda máis o
acceso á Xustiza dos veciños e veciñas de Ordes"
"A proposta do señor Gallardón
é totalmente anacrónica, mentres nos Concellos nos esforzamos por achegar máis
a Administración ao cidadán a través de procedementos telemáticos, o ministro
de Xustiza semella que só quere afastar a Xustiza da veciñanza”
*
Protagonistas:
Xesús Pedreira
miércoles, 23 de abril de 2014
A biblioteca de Ordes celebrou o Día do Libro con monicreques
Pensada especialmente para os máis novos
A
biblioteca municipal de Ordes conmemorou durante a tarde de hoxe o Día do Libro.
Unha xornada que estivo especialmente pensada para os nenos do
municipio, xa que a partir das 18.30 horas, e de balde, todos os
que así o desexaron puideron desfrutar do espectáculo de monicreques ‘A casiña
de chocolate’.
Non será a única cita prevista
para esta semana xa que como é habitual, o último venres de cada mes terá lugar
unha nova entrega das Tardes de contos e lendas. Nesta ocasión ofrecerase o
relato ‘Conto contigo’. Novamente a hora do encontro está posta para as 18:30
horas.
*
Os infantís do AC Órdenes disputarán en Madrid o campionato de España de hóquey
![]() |
O equipo infantil do A.C. Órdenes de hóckey. |
O Concello de Ordes expresa hoxe públicamente as felicitacións a equipo infantil do AC Órdenes pola súa recente clasificación no Campionato de España de Hóquey, que se disputará os vindeiros 9, 10 e 11 de maio en Alcobendas (Madrid).
Un novo logro acadado esta pasada fin de semana tras alzarse coa victoria por 3 a 1 no partido xogado contra o Bulling, no campionato Sector Norte que tivo lugar en Oviedo e no que concurriron seis equipos entre os que figuraban as outras equipacións galegas do Liceo e do Dominicos.
*
O PP de Ordes reclama investigar as presuntas facturas falsas da escola infantil
Martínez Sanjurjo: “Os veciños teñen dereito a saber a verdade, e unha nova negativa sería
interpretada como unha admisión de culpabilidade por parte do alcalde”
O Grupo
Municipal do Partido Popular de Ordes reclamará no pleno de mañá, a constitución dunha comisión de investigación en relación coas facturas
presuntamente falsas que a empresa concesionaria da escola infantil municipal
tería presentado para cadrar as contas do exercicio de 2010.
O importe facturado de maneira irregular tería ascendido, supostamete, a
20.000 euros, segundo a información publicada recentemente tomando como base
investigacións do Servizo de Vixiancia Aduaneira (SVA) nun procedemento no que
está imputada a tenente de alcalde de Ordes, Silvia Marín.
Martínez Sanjurjo confía que que tanto o alcalde como a súa número dous cambien de
actitude e “permitan que os veciños de Ordes podan coñecer a verdade, porque
ata o de agora se esforzaron -e hai que recoñecer con éxito-, en ocultar todos
os aspectos cuestionables da súa xestión”.
![]() |
Martínez Sanjurjo (PP). |
“Os veciños teñen dereito a saber a verdade, e unha nova negativa sería interpretada como unha admisión de culpabilidade por parte do alcalde, que como responsable de canto sucede no Concello, ten a obriga de dar a cara e ofrecer unhas explicacións que polo de agora, non ten facilitado”
"Ao solicitar a comisión de investigación non prexulgamos a ningúen: se o
Concello xestionou con neglixencia deberá responder política e xudicialmente; e
se a mala praxis foi só da empresa haberá que actuar en consecuencia. Pero o
que está claro é que hai que actuar”
*
Protagonistas:
José Luis Martínez Sanjurjo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)