O presidente Núñez Feijóo saúda a Martínez Sanjurjo, este mediodía no Pazo do Parlamento de Galicia. |
"O éxito de Feijóo será o éxito de todos os galegos", asegurou o portavoz municipal popular
O portavoz municipal do Partido
Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, asistiu este mediodía no Pazo do Parlamento
de Galicia ao acto de toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como presidente
da Xunta de Galicia.
Un acto que estivo copresidido pola vicepresidenta do Goberno de España, Soraya Saez de Santamaría, e a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo.
Martínez Sanjurjo, quen tivo ocasión de felicitar persoalmente ao reelixido presidente no seu nome e no de todos os ordenses, fixo votos polo éxito de Feijóo nesta novena lexislatura que agora da comezo.
Durante o acto, Martínez
Sanjurjoo tivo tamén ocasión de intercambiar impresións cos diferentes
personalidades presentes no acto.
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“O éxito de Alberto Núñez Feijóo será o éxito de todos os galegos e galegas, por riba de siglas ou ideoloxías”
*