O Centro Galego da Comarca de Ordes foi fundado en Bos Aires (Arxentina) en 1922. |
O Centro Galego da Comarca de Ordes en Bos Aires (Arxentina), presidido por José Luis Durán Ríos, celebrou o pasado domingo o seu noventa aniversario cunha animada e concurrida festa nos seus salóns.
O alcalde de Oroso, Manuel Miras dirixíndose aos convidados. |
O presidente do Centro, José Luis Durán Ríos (con garabata vermella), recibindo convidados. |
O presidente, José Luis Durán Ríos, recibe unha placa conmemorativa do 90 aniversario de mans de Manuel Mirás. |
José Luis Durán Ríos e Andrés Ríos. |
Dende a súa fundación no ano 1922, a Asociación Unión del Partido Judicial de Órdenes Cultural y Recreativa mantén o compromiso de divulgar a orixe e identidade galegas, desenvolvendo actividades de divulgación da nosa cultura e costumes entre os seus socios, descendentes e público en xeral.
O Centro Galego da Comarca de Ordes en Bos Aires conta con máis de 750 asociados, máis do dobre de poboación que parroquias como Poulo ou Vilamaior. Dispón dunhas instalacións en Lomas Valentinas (Bos Aires) nas que en novembro do 2010 inauguraron unha piscina climatizada.
Ademais, contan cun amplo salón de actos con capacidade para máis de 600 persoas e cunhas amplas zonas verdes que utilizan como merendeiro para albergar actos sociais. Entre as súas actividades contan cun grupo folclóricoconformado por 25 personas, entre músicos y bailarines, e imparten clases gratuitas de gaita e baile galego.
Nesta ocasión tan especial, o menú estivo formado por entrantes, un típico asado "estilo Ordes", viño branco e tinto, refrescos, postres e café.
Animación e música
A animación e a música correu a cargo da orquestra Calipso, das artistas Marita Tuero e Ariel Zamora e da Agrupación Folclórica Abrente, do propio Centro de Ordes en Bos Aires.
Na representación da Comarca en España viaxou ata Bos Aires o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.
*