Lugares da N-550 na parroquia de Montaos onde o PP de Ordes se compromete a mellorar a súa seguridade. |
A deputada Marta
González e a senadora María Jesús Sáinz analizaron a situación da parroquia
Martínez Sanjurjo
considera necesario mellorar a seguridade nos puntos que enlazan a estrada cos
lugares de Queis e Fosado
O Partido
Popular de Ordes comprometeuse hoxe cos veciños da parroquia de Montaos a xestionar
co Ministerio de Fomento unha mellora da seguridade no tramo da estrada N-550 o
seu paso por esta parroquia, dada a elevada sinistralidade que se rexistra,
especialmente á altura dos enlaces cos núcleos de Queis e Fosado.
O compromiso
materializouse no transcurso dunha reunión organizada na noite deste venres
polo PP de Ordes cos veciños do parroquia, e que contou coa asistencia
da deputada Marta González e da
senadora María Jesús Sáinz, ambas por Partido Popular. As
dúas avanzaron o estado de tramitación das peticións formuladas polo PP local,
e se comprometeron ante os veciños a continuar coas xestións precisas ata
acadar que se faga efectiva unha pronta solución.
Propostas de mellora
José Luis
Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular, entende que a seguridade deste tramo da N-550 melloraría substancialmente mediante unha
reforma da sinalización horizontal, cunha reconfiguración dos carrís actuais,
para formar unha illeta, á altura da vía que conduce ao lugar de Fosado, e por outra banda, unha ampliación da plataforma de calzada para dotala de carrís de incorporación
e espera –a actual ten só dous- á altura do vial que enlaza a estrada nacional
co núcleo de Queis.
Dende o PP aseguran que esta proposta podería executarse sen necesidade de efectuar
expropiación algunha, xa que na zona existe unha vía de servizo e terreos dos
que é titular o Ministerio de Fomento.
Reunións do PP cos veciños
A rolda de
reunións do Partido Popular cos veciños das parroquias de Ordes continúa mañá domingo na Baixa de Ardemil, no local social de Cabeza de Lobo, ás 11:00 horas; e no Mesón do Vento, local social do Campo da Feira, ás 12:00 horas.
*