martes, 18 de diciembre de 2012

O Concello de Ordes repartirá alimentos entre as 35 familias máis necesitadas do municipio


A iniciativa levouse a cabo durante os 15 primeiros días de decembro en colaboración cos supermercados Gadis, Eroski, Día e Corvirán


O Concello de Ordes ven de finalizar a campaña de recollida de alimentos non perecedoiros e bebidas non alcohólicas ‘Un Nadal para todos’. A acción contou coa colaboración tanto de veciños e veciñas como dos supermercados Gadis, Eroski, Día e Corvirán. 

Entre outros moitos artigos dos depositados nos carros e contadores colocados nos supermercados cabe destacar os case cen quilos de arroz, os máis de 130 de pasta, 40 de lentellas, 60 litros de aceite, 90 de leite ou os preto de 100 paquetes de galletas

Lucía Iglesias.
As frases de Lucía Iglesias, concelleira de Diversidade Funcional do Concello de Ordes
“Temos que decir que superamos todas as nosas expectativas xa que recollemos centos de quilos de alimentos grazas á colaboración da veciñanza de Ordes" 

"A campaña foi un éxito rotundo, sobre todo tendo en conta que era a primeira vez que se levaba a cabo esta iniciativa que se desenvolveu únicamente durante os quince primeiros días de decembro”

“Temos previsto repartir todos estes alimentos entre 35 familias do noso Concello que o precisan urxentemente. Enseguida contactaremos con eles para que poidan vir a recoller os lotes

*