sábado, 8 de diciembre de 2012

Cáritas Ordes prepara un festival solidario para o próximo sábado


Terá lugar na Casa da Cultura entre las 16:00 e as 18:00 horas e actuarán varios artistas e músicos afeccionados

A entrada terá un custe de cinco euros que será destinado integramente a axudas aos necesitados

O próximo sábado 15 de decembro, a Casa da Cultura de Ordes acollerá un espectáculo musical en beneficio de Cáritas parroquial. A cita, que terá un custe de entrada de cinco euros, terá lugar dende as 16:00 ata as 18:00 horas. Todos os cartos recadados se destinarán íntegramente para axudar aos máis necesitados do municipio.

Nesta ocasión os organizadores do evento contan coa participación de artistas e cantantes afeccionados, a maioría deles da mesma comarca de Ordes. Entre os nomes dos que se subirán ó escenario a dar o mellor de sí figuran José Manuel Souto, que acompañado do seu piano interpretará temas ben coñecidos por todos. 

Tamén estarán o cantante e guitarrista carballés Manuel Periscal, Maruja Moar ou María Jesús Liñares, entre outros moitos.

Sorteos
Tamén están previstos sorteos que se realizarán entre o público asistente por cortesía de moitas firmas comerciais e establecementos da zona. 

O Concello de Ordes tamén súmase a esta celebración brindando toda a axuda e colaboración posible a Cáritas Ordes para que a cita solidaria sexa un éxito.

*