viernes, 7 de diciembre de 2012

O Partido Popular felicita ao Centro Galego de Ordes en Bos Aires no seu 90 aniversario

Martínez Sanjurjo: “Desde o PP de Ordes queremos sumarnos a esta celebración entrañable, trasladando ao Centro Galego de Ordes en Bos Aires o noso cariño, admiración e respecto” 

O portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, remitiu unha mensaxe de felicitación ao Centro Galego de Ordes en Bos Aires, que este domingo, 9 de decembro, celebra o seu 90 aniversario.

En opinión do Partido Popular, o traballo desenvolvido polo Centro Galego de Ordes en Bos Aires ao longo das súas nove décadas de vida, mantendo viva a memoria da terra de orixe dos seus socios e desenvolvendo unha encomiable labor social, fai que os que habitamos na Galicia territorial manteñamos unha débeda de eterna gratitude” coa emigración.

Cariño, admiración e respecto
Por iso, engade a mensaxe asinada por Martínez Sanjurjo, “desde o Partido Popular de Ordes queremos sumarnos a esta celebración entrañable, trasladando ao Centro Galego de Ordes en Buenos Aires o noso cariño, admiración e respecto”.

*