Ordes acollerá esta fin de semana dúas citas nas que a música
será auténtica protagonista. O sábado a Banda de Música de Ordes, acompañada do
grupo de acordeón da Escola Municipal de Música, ofrecerán un recital a partir
das 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.
Xa de cara ao domingo a igrexa parroquial
de Santa María de Ordes servirá de escenario para o tradicional certame de
corais. Unha cita posta para as 20:30 horas con entrada de balde para
todos. As formacións que participarán
serán: o Coro Voces Brancas da Coral Polifónica de Bergantiños, a Coral Polifónica
de Bergantiños, Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos, o Coro Parroquial da
Igrexa de Santa María de Ordes, e o grupo tradicional de pandeiretas Somos Nós.
Interpretacións
Interpretaranse, ademáis
de panxoliñas, cancións populares e temas propios desta época do ano, pezas de
autores clásicos como Bach ou Mozart. Incluso haberá algún tema tradicional de
zonas tan exóticas como Hawaii.
Os
organizadores de ambos eventos contan coa colaboración do Concello de Ordes para
a súa posta en marcha.
*