Un contedor Wippy ubicado no Campo da Feira da vila de Ordes. |
Ubicados nas rúas Pascual Veiga, Víctor González Faya e Campo da Feira
O Concello recomenda o seu uso para depósito de prendas inservibles
O Concello de Ordes ven de instalar contedores de reciclaxe, nos que os veciños e veciñas poderán depositar aquelas
prendas de vestir e calzado aos que xa non lle den uso.
Concretamente
os puntos onde se ubican estes contedores son as rúas Pascual Veiga, Víctor
González Faya e o Campo da Feira, todos eles dentro do casco urbano da vila de
Ordes. Aquelas prendas que sexan depositadas nos contedores e non estean en bo estado empregaranse
para a confección de panos de limpeza entre outras accións.
A empresa encargada
de xestionar este servizo, Texlimca, asegura que con este sistema pódese
prolongar a utilización da roupa e do calzado a lo menos nun noventa por cento.
Wippy
Dende o
Concello tamén se lembra que no municipio existen outro tipo de organizacións
de índole social que distribuen roupa e calzado a aquelas persoas que máis o
precisan. Por este motivo recoméndase que
ditos contedores, que foron bautizados co nome de Wippy, se empreguen, sobre todo, para depositar aquelas
prendas que sexan inservibles.
*