Mañá xoves finalizará o prazo de inscrición para poder participar
no programa ‘Conciliar será fácil e divertido’ Unha iniciativa coa que se
persegue facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as
vacacións de Nadal.
Dirixido a especialmente a nenos
e nenas de educación infantil e primaria residentes no municipio durante os
días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro, levaranse a
cabo toda unha serie de obradoiros e actividades lúdicas e didácticas onde a
diversión e o entretemento serán o común denominador.
Un Nadal de conto
Baixo o título ‘Un Nadal
de conto’ presentaranse distintas propostas adaptadas ás idades dos asistentes.
Contacontos de temática navideña, construcción de figuras propias do Nadal,
elaboración de bolachiñas e doces apropiados para esta época do ano,
celebracións de Fin de ano e de festas de despedida do Nadal, visitas de paxes
e carteiros reais ou proxeccións de
películas son algunhas das actividades que este ano se levarán a cabo.
Para participar é preciso
inscribirse no departamento de Educación e Cultura, ubicado na primeira planta
da Casa do Concello de Ordes. Tamén se pode solicitar máis información chamado ao teléfono 981 680 002.
*