sábado, 8 de diciembre de 2012

Manuel Regos entrega os diplomas do Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio

Os quince alumnos participantes no curso posan co alcalde de Ordes, Manuel Regos. 
"É unha satisfacción traballar con xente que presenta algún grao de diversidad funcional", asegurou o alcalde

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, fixo hoxe entrega dos diplomas acreditativos do Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio. Un curso que dende o pasado mes de xullo se viña desenvolvendo na aula adaptada ubicada no Mesón do Vento

Este proxecto formativo teórico e práctico contou cun total de 628 horas de duración e nel participaron un total de 15 alumnos e alumnas. No desenvolvemento deste curso ademais do Concello de Ordes tamén participou a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. 

Entre os bloques temáticos que figuraban no programa de estudos destacan as materias relacionadas coa manipulación de alimentos, a hixiene persoal e a atención sanitaria domiciliaria, a atención e o apoio sicosocial, a alimentación familiar no domicilio, a inserción laboral, a igualdade de xénero ou a sensibilidade medioambiental.

Manuel Regos, alcalde de Ordes.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Felicito a todos os participantes por acadar un novo título que lles axudará no mercado laboral, así como polos coñecementos adquiridos”

“É unha satisfacción traballar con xente que tanto o precisa como é o caso das persoas que presentan algún grao de diversidade funcional

*