Estado actual da torre do reloxo da antiga Casa do Concello (arriba), e antes do derrubamento (abaixo). |
O Partido Popular amosa o seu enfado por este feito e asegura que fará un "seguimento detallado" do mecanismo do reloxo e das campás
O recente
derrubamento da torre do reloxo da Casa Consistorial de Ordes ven de enfadar e moito, aos populares de Ordes. Este feito, aseguran, constitúe o
“enésimo despropósito” dunhas obras "tan custosas como innecesarias", e súmanse á
sucesión de "caprichos impulsados polo alcalde de costas ás necesidades dos
veciños", mentres a débeda municipal "medraba exponencialmente ata superar os dez millóns de euros".
A torre do reloxo da antiga Casa do Concello era un dos "elementos emblemáticos da vila", aseguran dende o PP de Ordes, ao tempo que pon de manifesto a "improvisación" coa que está a actuando o Concello nesta obras.
"Obras sen
xustificación"
Recorda o
PP, que as decisións erráticas do Grupo de Goberno provocaron un colapso
estructural da antiga Casa Consistorial, que a piques estiveron de provocar o
derrubamento do edificio. E recordan tamén que tanto as obras do novo edificio
do Concello, como a intervención na antiga Casa Consistorial carecen de xustificación
algunha, máxime tendo en conta que se executan nun entorno de intensa crise
económica e que o Concello tivo que endebedarse aínda máis para afrontar os
pagamentos.
Reloxo e campás
O Partido
Popular de Ordes adianta que fará un seguimento detallado e reclamará
explicacións sobre o destino final do mecanismo do reloxo e das campás aloxadas
no interior da torre agora derrubada, para evitar que se “perdan”, tal e como
sucedeu coa balaustrada de cantería retirada antes da ampliación da Alameda, e
da que nunca máis se tiveron noticias.
O PP
reclamará tamén un informe escrito sobre o destino final das fiestras retiradas
nos últimos meses da antiga casa consistorial, dada a facilidade que ten o
equipo de Goberno de Ordes para “perder” elementos valiosos susceptibles de ser
obxecto de usos alternativos que alonguen a vida útil dos mesmos.
*