Pedro Mouriño (esq.) recibe o XIII Premio accésit AMJE á internacionalización de mans de Antonio Fontenla. |
A empresa editora do xornal compostelán Santiagosiete, e editora deste blog, Mediasiete, gañou onte o premio accésit á internacionalización da Asociación Marineda de Xóvenes Empresarios (AJE) da Coruña.
Nun acto celebrado no salón de plenos do Concello da Coruña, e presidido polo seu alcalde, Carlos Negreira, o editor e presidente de Mediasiete, Pedro Mouriño, recibiu o galardón das mans do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla.
Os candidatos e premiados posan coas autoridades, onte no salón de plenos da Casa do Concello da Coruña. |
O xurado valorou os méritos de internacionalización de Mediasiete durante o pasado ano 2011, logo de celebrar un ciclo de conferencias internacionais con diferentes líderes políticos e empresariais de países coma España, Portugal, Italia, Francia, Reino Unido, Rusia, Bulgaria, Ucrania, Estados Unidos ou Israel.
Mesa do foro iberorruso organizado por Mediasiete en Madrid (España), en outubro do 2011. |
Ponentes do foro eurorruso organizado por Mediasiete en Bruselas (Bélgica), en decembro do 2011. |
José María Aznar, durante a súa exposición no foro eurorruso organizado por Mediasiete en Venecia (Italia), en febreiro do 2012. |
*