”As obras do colexio Castelao acometerémolas
conxuntamente entre a Asociación de Nais e Pais (ANPA), a dirección do centro e o Concello de Ordes”. Con
estas palabras a tenente alcalde, Silvia Marín , explicaba no último pleno celebrado
o pasado 29 de novembro o proxecto que se ten previsto acometer neste centro.
“Trátase dun cuberto que se construirá para que os rapaces a partir do 3º curso
poidan facer as filas para acceder ás aulas”, puntualizou Marín.
A edila de
Educación tamén adiantou “que en breve se celebrará un consello escolar no que se
aprobará unha modificación da partida dos gastos de funcionamento do centro
para levar a cabo esta obra, xa que a Xunta de Galicia agora mesmo non pode por cuestións económicas”.
A este
respecto por parte do Concello aportarase a man de obra ademais de encargarse
de botar unha placa de formigón na área, con fin de poder anclar con maior
seguridade dita cuberta. Pola súa banda o centro escolar contribuirá cunha
cuantía económica e os pais e nais dos alumnos
co material preciso. “Ata o momento son arredor de 6.500 euros os que a ANPA
leva gastados. Unha cifra superior ós 3.500 euros que según o BNG custaría dita
instalación”, asegurou Marín.
Colaboración dos pais e nais
Dende o Goberno municipal ven "normal" que a ANPA
pida a colaboración dos pais e nais xa que agora non hai actividades complementarias
como festas de fin de curso ou contacontos, polo que parte deste orzamento pódese adicar para contribuir no bo funcionamento dos centros tendo en conta a
situación das administracións públicas.
Cabe
destacar que no mesmo centro xa se acometeu outra intervención similar diante
do edificio de Educación Infantil asumida íntegramente polo Concellode Ordes. Namentres
se está a espera de que se leve a cabo unha segunda fase deste proxecto, que a
Consellería de Educación se comprometeu a levar a cabo en canto sexa posible.
*