Terá lugar no polideportivo Campomaior con entrada libre e gratuíta
O Clube de
Patinaxe Alquimia, en colaboración co Concello de Ordes, celebrará mañá sábado o Trofeo Alquimia no que participarán
clubes de Santiago de Compostela, A Coruña, Oroso, Laracha, Ferrol, Cambre, Carral e Ordes. A cita terá lugar dende as 10:00 ata as 20:30
horas no polideportivo Campomaior e a entrada será libre e gratuíta.
As probas disputaranse a nivel individual entre patinadores de todas as
categorías englobadas ata os 16 anos. Neste sentido a organización destaca a
inclusión do nivel 0, na que participan rapaces e rapazas de ata 4 anos como
máximo.
Por outra banda Alberto Artigas e Raquel Rodríguez, subcampións de
España na categoría senior de patinaxe artística, realizarán unha exhibición.
Tamén se contará coa participación de David Salido e Irene Fernández, campións
galegos na categoría cadete.
*