Poñen en marcha unha campaña de recollida de xoguetes e doazóns económicas par que ningún neno quede sen agasallos de Nadal nin material escolar
Un grupo de empresarios da vila acaban de emprender unha campaña de recollida de xoguetes e donativos. Concretamente trátase das tendas Bicoca Moda, H2O, OKO Ordes, Numa, Dress, Moda Teresa Álvarez, Silvia Vieites, Mesón Anxo, Parafarmacia Tisana, Sigüeiro Impresiones e Seguros Bilbao.
Ata o próximo 3 de xaneiro os que queiran axudar na campaña poderán depositar os xoguetes e agasallos nestes puntos de venda.
Ata o próximo 3 de xaneiro os que queiran axudar na campaña poderán depositar os xoguetes e agasallos nestes puntos de venda.
Ademáis dos xoguetes este grupo de empresarios está a facer unha recollida de donativos. Por iso en cada un destes establecementos e na Casa do Concello estanse a colocar petos onde poder facer donativos en metálico. Unha recadación que tamén se está a facer por outros establecementos, comercios e puntos de encontro veciñal ubicados no municipio.
A campaña conta ademais co apoio do Concello de Ordes. Dende o gabinete de comunicación estase a desenvolver unha campaña de difusión por distintintos medios escritos, radiofónicos e tamén a través das redes sociais.
Cruz Vermella
Tamén Cruz Vermella Ordes emprendeu unha campaña similiar que baixo o nome de 'A cor da ilusión', pretende dotar a todos os nenos e nenas que o
precisen dos agasallos propios das festas de Nadal.
A
recollida dos xoguetes levarase a cabo ata o próximo 21 de decembro. As
entregas deberanse facer os luns, mércores e xoves de 10:00 a 14:00 horas, así como
os martes e venres de 16:00 a 20:00 horas no local que Cruz Vermella ten nos baixos
da Alameda. Para levar a cabo esta iniciativa cóntase coa colaboración dos
Servizos Sociais da Mancomunidade de Ordes e asegúrase a confidencialidade a
cada un dos solicitantes.
As frases de Carmen García Liñares, organizadora da campaña de empresarios solidarios de Ordes
"O principal obxetivo desta campaña é que ningún neno e nena do noso entorno
quede sen un agasallo nestas festas e que a ningún deles lles falte un
bolígrafo, unha goma ou libreta para poder traballar na escola”
“Con eses cartos queremos mercar vales nas librerías, papelerías e establecementos ubicados no concello para que as familias poidan canxealos por material escolar, libros ou roupa”
“A idea é que isto non finalice aquí senón que queremos que teña unha continuidade no tempo para poder seguir axudando a esas persoas que moitas veces viven enfrente nosa, porta con porta"
*