sábado, 22 de diciembre de 2012

Sanjurjo, satisfeito cos máis de 400.000 euros que a Deputación investirá no rural de Ordes

"O PP é o que mellor coñece as necesidades de Ordes, xa que o alcalde non se atreve a pisar as parroquias desde a campaña das municipais e os restantes partidos teñen unha presenza limitada no medio rural", asegura o portavoz popular

O portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, valorou onte positivamente a inclusión da maior parte das propostas do PP local nun Plan de Obras e Servizos (POS) de 2013 consensuado por todos os grupos da corporación, financiado no 95% pola Deputación da Coruña e que permitirá destinar 421.000 euros a diferentes obras no medio rural do municipio, unha área pouco atendida polo Concello, malia que a xuizo dos populares, "estes veciños tamén pagan puntualmente os seus impostos".

No Pleno extraordinario celebrado na mañá de onte para aprobar o POS 2013, Martínez Sanjurjo recordou a “situación calamitosa” que presenta gran parte da infraestructura de titularidade municipal, “abandonada á súa sorte desde hai anos, posto que Regos decidiu darlle as costas as necesidades do rural gastando os  cartos de todos nun novo Concello, na ampliación da Alameda e na cafetería de luxo do campo de fútbol”.

A xuízo do potavoz popular, a nova achega que a Deputación da Coruña destina a Ordes para financiar o POS 2013 constitúe un alivio que permitirá reparar as principais carencias da rede viaria municipal, con intervencións previstas e consensuadas en todas as parroquias. “Pero sería mellor que o Concello deixase de gastar tantos cartos en sí mesmo e gastase máis en arranxar as necesidades dos veciños”, conclúe Sanjurjo.

Relación de obras por parroquias de Ordes acordado en Comisión de 17 de decembro e aprobado onte polo pleno.
Propostas polo Partido Popular
O portavoz local do Partido Popular de Ordes subliña que gran parte das obras incluídas neste plan foron propostas polo seu grupo e son consecuencia do seguimento e coñecemento do PP sobre a situación do municipio. Lamenta, sen embargo, que a delicada situación económica do Concello limite as obras á partida da Deputación, dado que para facer fronte a todas as necesidades propostas sería necesario duplicar ou case triplicar o importe dispoñible.

De feito, as próximas reunións do Grupo Municipal do PP cos veciños das parroquias están previstas para o próximo venres 28 de decembro en Montaos; e posteriormente, o domingo 30 de decembro en A Baixa de Ardemil e Mesón do Vento

A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“O alcalde non volveu pisar as parroquias desde a campaña das municipais, e os restantes grupos teñen un coñecemento moi limitado da realidade de moitas das aldeas, mentres que o PP se mantén ao carón da xente a cotío, como queda de manifesto coa rolda de reunións informativas que está a celebrar en diferentes puntos do municipio”

*