O nacionalista cre que entre o alcalde e o PP de Ordes existe un "pacto de non agresión" que pagan os veciños
O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, criticou hoxe moi duramente ao alcalde
de Ordes ao que tachou de “inhumano e
despiadado", por permitir que sexan os pais e nais os que paguen os materiais da
cuberta do colexio Castelao.
O portavoz do BNG de Ordes afirmou con
respecto ao alcalde que “hai que ter
pouca vergoña para negarse a pagar estes materiais mentres despilfarra
centos de miles de euros en festas e nas obras da Casa Consistorial”.
O portavoz do BNG calificou de “insulto á intelixencia dos veciños", que o
alcalde vexa como algo normal que a Asociación de Nais e Pais (ANPA) faga unha colecta entre os pais e nais
para pagar os materiais da coberta.
Gonzalo Castro Prado (BNG). |
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Os nenos teñen dereito a ter unhas
instalacións escolares en perfectas condicións, iso non é un privilexio, é un
dereito ao que non cabe negar unha cantidade de diñeiro que non supón ningún
esforzo para as arcas municipais e menos ainda para as da Xunta”
“O Goberno municipal e o Partido Popular de Ordes negáronse a apoiar a moción do BNG para que o Concello de Ordes e a Xunta se
fixesen cargo do custo da construcción dunha cuberta no colexio Castelao, para
permitit aos nenos entrar ao colexio sen mollarse e sair ao patio nos días de
choiva”.
“O alcalde nin resolve
os problemas dos veciños nin esixe á Xunta solución para os mesmos, semella que
entre o alcalde e o PP hai un pacto de non agresión, que pagan os veciños con
recortes inhumanos”
*