sábado, 1 de diciembre de 2012

Castro acusa ao alcalde de "censurar" a emisión radiofónica dos plenos municipais


Dende o mes de xullo, asegura o portavoz do BNG, deixaron de emitirse en Radio Ordes

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, acusou hoxe ao alcalde de Ordes de "censurar" a emisión en directo dos plenos municipais pola radio municipal. O fai ademais, "mentindo ao utilizar como disculpa a suposta existencia duns problemas técnicosa pesar de que os técnicos da radio siguen asistindo aos plenos e os siguen grabando, no que constitue a mostra evidente da mentira do alcalde".

Castro afirmou que “desde o ano 2007, todos os plenos da Corporación municipal son emitidos en directo pola radio municipal, pero desde o mes de xullo deste ano deixaron de emitirse todos eles, ordinarios e extraordinarios, o que suma un total de seis plenos seguidos que os veciños e veciñas non puideron escoitar en directo”. 

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“O alcalde de Ordes volve a demostrar o seu talante autoritario e antidemocrático, e o seu medo a que os veciños vexan o que está a pasar nos plenos, que vexan que hai un alcalde que nin está nin se lle espera, que se agocha continuamente e que fai gala dunha inmensa cobardía política

*