Ampliación da Casa do Concello de Ordes. |
O Concello de
Ordes mantén vivo o seu compromiso de mellora e avance coa súa veciñanza. Ao
longo dos últimos meses, o actual equipo de Goberno ven de realizar una serie de
investimentos tanto nas parroquias como no núcleo urbán, á par que cumpre co seu
plan de equilibrio e sostenibilidade económica.
Cidade deportiva de Vista Alegre. |
A nivel cultural, deportivo e
educativo desenvolvéronse numerosas actividades, como cursos de formación,
ligas deportivas, actividades de conciliación, así como mostras culturais e
clases de diversa índole. Dende a Concellería de Diversidade Funcional sobresaen
cursos e ciclos formativos, como por exemplo o de habilidades sociais que de
xeito permanente ten lugar na aula adaptada do Mesón do Vento.
Novos espazos municipais nos baixos da Alameda de Ordes. |
Políticas sociais
A nivel social fixéronse
investimentos de cara aos máis maiores, en campañas de recollidas de alimentos
e traballos onde o apoio ás familias máis necesitadas e ós
grupos de exclusión social foi o principal obxetivo.
Medio ambiente, agricultura e gandería
Como titular da Bandeira Verde, o Concello de Ordes traballa por preservar o medio ambiente e o seu
entorno, imprescindible para o óptimo desenvolvemento da agricultura e da
gandeiría, pilares fundamentais para a economía da comarca. Neste ámbito
pódense mencionar, entre outros, as campañas de concienciación, a súa política
de reciclaxe ou a potenciación das rutas de sendeirismo e de protección do
Camiño Inglés.
Reapertura da rúa República Arxentina, na vila de Ordes. |
Mención aparte merece o investimento
realizado a nivel urbanístico. Neste caso na vila de Ordes sobresaen a
supresión das barreiras arquitectónicas, a construcción do tanatorio do Balado, o paseo fluvial de Mercurín, a Rolda Leste, os baixos da Alameda, a
apertura de novas rúas e viais, como por exemplo a rúa República Arxentina ou o
tramo do Ceidón.
Parroquias
Todo este esforzo exténdese por cada unha
das trece parroquias que conforman o concello de Ordes:
Ardemil:
Saneamentos, aglomerados e arranxo de local social.
Barbeiros:
Local social e arranxo de estradas.
Beán:
Arranxo escola de Nouche, arranxo de estradas, campo da festa e pista
polideportiva.
Buscás:
Saneamentos, arranxo de camiños e actuacións no local social.
Leira:
Arranxo de camiños, saneamentos, nova iluminación, arranxo local social,
construcción pista polideportiva.
Lesta:
Arranxo camiños rurais e de locais sociais.
Poulo: Pista polideportiva, arranxo local
social, saneamento e arranxo de camiños.
Vilamaior: Arranxo de camiños, local social,
campo de fútbol.
Mercurín:
Local social, intervencións en camiños.
Montaos:
Abastecemento e saneamento, arranxo de camiños, campo de fútbol para
adestramentos, nova pista polideportiva, arranxo do local social.
Parada:
Arranxo do entorno da estación da Pontraga e dos camiños rurais, así como
a mellora do local social.
Pereira:
Labores no saneamento, abastecemento e bombeo e arranxo de camiños.
Concello de Ordes.
*