A avenida de Alfonso Senra, iluminada co gallo das festas do Nadal. |
As principias rúas da vila e das parroquias do
Concello de Ordes exhiben xa a nova iluminación de Nadal. Na noite de onte martes procedeuse o acendido
dos novos sistemas que perdurarán así ata o remate das festas. Deste xeito
dende o Concello queren dar un pulo ó consumo local nestas datas, á par que
anima á veciñanza a participar nas actividades previstas nos vindeiros días.
Todo este sistema de
iluminación verase incrementado con máis módulos e unidades a partir do 5 de
xaneiro, de cara á Cabalgata que traerá
ata a vila de Ordes aos Reis Magos de Oriente.
A Alameda da vila de Ordes luce a tecnoloxía led combinada con lámpadas tradicionais. |
Tecnoloxía led
Este
ano hai que destacar a colaboración da empresa Rofaya, encargada da instalación
e mantemento do sistema eléctrico público de Ordes, quenes asumirán o
íntegramente o custo xerado de dita instalación.
Os responsables desta firma
comercial optaron pola instalación de tecnoloxía led combinada con lámpadas tradicionais de baixo consumo, que non superan os 25 vatios. Unha petición suxerida
dende o mesmo Goberno municipal co fin de reducir ao máximo o custo económico derivado
do consumo eléctrico, á par que se contribue na preservación do medio ambiente.
*