Contacontos, obradoiros
de cociña, festas temáticas, ou manualidades serán algunhas das actividades que
se desenvolverán no local cultural
Co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de cara ás
festas de Nadal o Concello de Ordes volve a convocar un anos máis o programa
‘Conciliar será fácil e divertido’.
Dirixido a especialmente a nenos
e nenas de educación infantil e primaria residentes no municipio. Así durante
os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro levaranse a
cabo toda unha serie de obradoiros e actividades lúdicas e didácticas onde a
diversión e o entretemento serán o común denominador.
Un Nadal de conto
Baixo o epígrafe ‘Un
Nadal de conto’ preséntanse distintas propostas adaptadas ás idades dos
asistentes. Contacontos de temática navideña, construcción de figuras propias
do Nadal, elaboración de bolachas e doces apropiados para esta época do ano,
celebración de Fin de ano e de despedida de Nadal, visitas de paxes e
carteiros reais ou proxeccións de
películas son algunhas das actividades que este ano se levarán a cabo.
Para participar neste programa
de conciliación é preciso inscribirse no departamento de Educación e Cultura,
ubicado na primeira planta do consistorio ata o 20 de decembro como data
límite. Tamén se pode solicitar máis información chamado ao 981 680002.
*