Gonzalo Castro: "Nunca se necesitaron tanto os servizos sociais como agora"
Gonzalo
Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes denunciou o pasado luns a
eliminación do servizo de prevención de drogodependencias que se viña prestando
desde a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, ao suprimirse o seu
financiamento por parte da Consellería de Sanidade.
Castro afirmou que “este servizo viña
desenvolvendo programas nos ámbitos da información e formación, escolar,
xuvenil, familiar e comunitaria, ofrecendo unha atención integral para cubrir
os ámbitos fundamentais da prevención das drogodependencias”
Gonzalo Castro
afirmou que “ademáis da supresión deste servizo, o conxunto dos servizos sociais
comunitarios básicos sufrirán graves recortes que mesmo poñen en dificultades a
súa permanencia, xa que os recortes do Goberno central e da Xunta para os plans
concertados inviablizan que se poida seguir prestando estes servizos desde a Mancomunidade, existindo dificultades económicas evidentes para que moitos dos
concellos da comarca poidan asumir estes servizos a nível municipal”.
Moción do BNG e “silencio cómplice” do alcalde e presidente da mancomunidade
Castro anunciou que o BNG presentará unha moción para esixir o mantemento do servizo de prevención de drogodependencia na Mancomunidade de Ordes e instar á Xunta de Galicia e ao Goberno Central a que manteñan os recursos que permitan á Mancomunidade seguir prestando os servizos sociais comunitarios básicos.
O portavoz do BNG de Ordes criticou a Manuel Regos, alcalde de Ordes e presidente da mancomunidade “polo seu silencio cómplice cos recortes do PP”. Castro salientou que “a falta de iniciativa do alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade para defender servizos básicos está a ocasionar un grave perxuizo ás persoas que peor o están a pasar coa crise económica”.
Gonzalo Castro Prado. |
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Nunca se necesitaron tanto como agora os servizos sociais e o Goberno
central ven de reducir nun 40% os recursos destinados a financiar os servizos
sociais prestados polos concellos e mancomunidades, uns servizos destinados a
atender a quen xa non alcanza a pagar o recibo da luz, a auga, a quen perdeu a
prestación por desemprego e necesita axuda para alimentos, roupa…”
“As traballadoras sociais que xestionan estes servizos atenden
situacións de emerxencia, que estes anos desbordaron as peticións”
“Resulta inhumano aplicar recortes en materias
sociais que constituen o pear do Estado do Benestar, recortar estas axudas é como pechar
hospitais en plena epidemia”
*