Encheron o auditorio da Casa da Cultura con música e bailes
Os alumnos do IES Maruxa Mallo déronlle
esta mañá a benvida as súas vacacións de Nadal cun festival que encheu o
auditorio da Casa da Cultura de Ordes.
Música e baile
Sobre o escenario puñéronse en escea
diversos números musicais nos que as
coreografías grupais foron o máis destacado e aplaudido da xornada. Ademais dos
estudantes entre o público tamén se atopaban moitos dos seus profesores.
*