lunes, 10 de diciembre de 2012

Ordes estará iluminado dende o 18 de decembro ao 7 de xaneiro

Os operarios de Rofaya, S.L. esta mañá en plena instalación da iluminación do Nadal.

A empresa de electricidade Rofaya, S.L. asumirá todos os custes da instalación

O Concello de Ordes manterá acendido dende o próximo 18 de decembro ata o 7 de xaneiro a iluminación de Nadal tanto a vila de Ordes como nas doce parroquias restantes.

Este ano hai que destacar a colaboración por parte da empresa Rofaya, encargada da instalación e mantemento do sistema eléctrico público de Ordes. Os responsables desta firma veñen de asumir o custo xerado desta instalación, que correrá íntegramente da súa conta. 

Durante estes últimos días empregados da empresa instalaron todos os sistemas e realizaron as comprobacións pertinentes para dotar ó concello dunha decoración acorde coas festas que se aproximan. 

As principais rúas da vila contarán cunha ambientación propia, prestándose unha especial atención naqueles puntos con maior presenza comercial, sen esquecerse por elo doutras zonas de recreo como a Alameda e a igrexa parroquial de Santa María. 

Todo este sistema de iluminación verase incrementado con máis módulos e unidades a partir do 5 de xaneiro, de cara á  Cabalgata que traerá ata a vila de Ordes aos Reis Magos de Oriente.
Iluminación do Nadal na Casa do Concello durante as festas do ano 2008.
Tecnoloxía LED 
Este ano os responsables da empresa Rofalla optaron pola instalación de tecnoloxía LED combinada con bombillas tradicionais de baixo consumo, que non superan os 25 w. 

Unha petición suxerida dende o mesmo consistorio co fin de reducir ó máximo o custo económico derivado do consumo eléctrico, á par que se contribue na preservación do medio ambiente.

*