Paz e Ben
Seguramente
poucas datas resultan tan apropiadas como o Nadal para o reencontro coa familia
e cos amigos, ou mesmo para reflexionar sobre como mellorar nos diferentes
ámbitos das nosas vidas.
Probablemente
polo ambiente que rodea as celebracións do Nadal verbas como amizade,
solidariedade, respecto ou cariño cobran un valor especial, do que seguramente
non nos decatamos cando vivimos nun entorno no que estes sentimentos nos rodean
a cotío.
Lamentablemente,
polas difíciles circunstancias que atravesa o país, e tamén polos cambios
sociais operados nas últimas décadas, son moitas as persoas que anhelan unha
familia, un fogar ou un entorno acolledor no que sentirse menos
vulnerables. Ben sexa porque viven en
soidade e/ou se enfrontan a dificultades
de todo tipo, desde as de carácter económico e laboral, ás relacionadas con
situacións de enfermidade, desarraigo ou a perda de seres queridos, son moitos
os que enfrontan o Nadal como unha etapa sombría.
Por iso,
desde o Partido Popular queremos aproveitar estas celebracións para trasladar
unha mensaxe de ánimo e de esperanza: ánimo, porque todas, ou case todas, as
situacións son superables; e esperanza porque a historia nos demostra que todos
os buratos se poden superar para dar paso a un futuro mellor.
A todos,
neste Nadal, e sempre, Paz e Ben.
*