martes, 18 de diciembre de 2012

Atletismo polas rúas de Ordes este domingo


Chega a cuarta edición da Milla Urbán Concello de Ordes

Organizada polo Clube Atletismo Ordes e patrocinada polo Concello de Ordes, Eurofrut, Coca-Cola, Hamburguesería A Bolera, Zumos Naturales Tahiti, María Fraga, Deputación da Coruña e Auga Mineral A Fonte.

O próximo 23 de decembro, a vila de Ordes será parada obrigatoria para todos aqueles afeccionados ó atletismo, grazas á celebración da IV Milla Urbán Concello de Ordes

Este ano as categorías que se convocan son as de pitufos (nados dende 2008 e posteriores), benxamín, infantil, cadete, absoluto e veteráns. Os percorridos trazados transcurrirán polas rúas da vila así como polas súas inmediacións. Irán dende os cen metros no caso dos máis pequenos ata os preto de 1.610 metros no caso dos veteráns. 

Aqueles que se animen a participar nesta convocatoria poderán apuntarse ata ás 22:00 horas do próximo 21 de decembro a través da páxina www.millaordes.blogspot.com.es. Tamén se poderá solicitar máis información no teléfono 660694586 ou ben enviando un correo electrónico a millaordes@yahoo.es.

Galardóns
Unha vez finalizadas todas as probas procederase á entrega de galardóns aos tres primeiros clasificados de cada carreira, mentres que os rapaces recibirán medallas. Ademais a organización porá a disposición de todos os participantes duchas e aseos.

A IV Milla Urbán de Ordes está organizada polo Clube Atletismo Ordes e patrocinada polo Concello de Ordes, Eurofrut, Coca-Cola, Hamburguesería A Bolera, Zumos Naturales Tahiti, María Fraga, Deputación da Coruña e Auga Mineral A Fonte.

*