Tiña 74 anos e era o fundador de CRC Obras y Servicios, unha das constructoras máis grandes de Galicia
O empresario ordense Ramón Carro Romero faleceu onte en Santiago de Compostela aos 74 anos de idade.
Mañá celebrarase un funeral na igrexa parroquial de Santa María de Ordes ás 17:00 horas para a continuación ser soterrado no cemiterio municipal do Piñeiro.
Quen foi Ramón Carro?
Empresario fundador da constructora CRC Obras y Servicios, o 8 de maio do 2010 recibía o recoñecimento de toda a corporación municipal facéndoo merecedor da máis alta distinción que otorga o Concello de Ordes aos seus veciños: o título honorífivo de Fillo Predilecto de Ordes. Carro mereceuno, en palabras do alcalde Manuel Regos, pola súa traxectoria profesional, levando o nome de Ordes por toda España.
Fundada en 1940, CRC é unha das maiores constructoras de Galicia con delegacións abertas en Madrid e Barcelona. Están especializados en obras hidráulicas, urbanizacións, obras eléctricas e edificación.
Podes ver o video do pleno municipal no que Ramón Carro foi envestido fillo predilecto de Ordes:
*