miércoles, 12 de diciembre de 2012

Cheo absoluto no curso de manipulador de alimentos de Ordes

O curso foi convocado polo departamento de Promoción económica e emprego do Concello de Ordes.

O título é imprescindible para traballar na hostelaría e nas industrias de alimentación

O Concello de Ordes ven de celebrar esta tarde un novo curso de manipulador de alimentos, onde rexistrou un cheo absoluto das prazas ofertadas. Unha vez máis a convocatoria partiu do departamento de Promoción e Emprego dado o interés que este tipo de cursos suscita entre os veciños e veciñas do municipio. 

A obtención deste título é, en moitos casos, imprescindible para poder traballar no sector da hostalaría así como en industrias e establecementos relacionados coa alimentación.

*