jueves, 6 de diciembre de 2012

O BNG reclamará no xulgado os contratos coas orquestras das festas patronais de Ordes

Gonzalo Castro: "Os veciños teñen dereito a coñecer o custo das festas, onde o alcalde non tivo reparo en contratar ás orquestras máis caras do país"

O BNG de Ordes anunciou onte que se nos próximos cinco días o alcalde de Ordes non facilita ao  Grupo Municipal do BNG o acceso aos contratos do Concello coas orquestras que actuaron nas pasadas festas patronais, acudirán ao xulgado para esixir responsabilidades por este comportamento, que, segundo estes, ademáis de vulnerar a legalidade, constitue "un exemplo máis da actitude antidemocrática do alcalde de Ordes".
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG, lembrou que “o BNG leva solicitado en reiteradas ocasións o acceso á información sobre os contratos do Concello coas orquestas que actuaron nas festas patronais do pasado mes de agosto, e o alcalde leva negando unha e outra vez esta información”. 
Castro salientou ademais que “hai que poñer punto final á actitude despótica dun alcalde que pensa que o Concello é a súa finca privada”.
Gonzalo Castro (BNG).
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Os veciños teñen dereito a coñecer o custo dunhas festas, onde o alcalde non tivo reparo en contratar ás orquestras máis caras do país”

“A suba brutal dos impostos que están sufrindo os veciños de Ordes ten esta finalidade?"

"Mentres o alcalde négase a pagar 3.000 euros para sufragar unha cuberta para os nenos no colexio Castelao, non ten reparo en gastar sumas millonarias en orquestras, nunha clara mostra da súa falta de atención ás necesidades dos veciños”

*