Aproba por unanimidade o POS 2013, que investirá exclusivamente nas
parroquias do municipio
Por unanimidade aprobouse esta mañá o Plan de
Obras e Servizos (POS) 2013 do Concello de Ordes. Cun orzamento que ascende ata os
421.000 euros as parroquias de Ordes serán as únicas beneficiarias, tal e como
prometera no seu día o alcalde, Manuel Regos.
Nas comisións celebradas
anteriormente cada unhas das forzas políticas tivo a ocasión de incluir aquelas
intervencións e obras que estimaron máis urxentes e necesarias.
Entre
outras execucións, por 123.000 euros colocaranse novas beirarrúas no Laranxal,
realizaranse obras no chamado camiño da Espenica, así como no que vai de
Esmorís ata a estrada N-550. Outros 150.000 euros irán destinados á mellora do
cruce situado á altura da N-550 na zona do Curro, ubicada na parroquia de
Pereira.
Leira e Ardemil
Outra parroquia que se verá beneficiada por este plan será a de Leira,
na que se investirán 147.000 euros para a mellora, entre outras obras, do
camiño que transcorre entre o Castro e a igrexa parroquial. Tamén está prevista
a pavimentación e mellora do tramo de rúa que transcurre dende Roberto Forján
ata o colexio de Mesón do Vento.
Na
sesión tamén se aprobou por unanimidade a modificación do convenio urbanístico
entre o Concello e a empresa Xestión Urbanística de A Coruña, coa que se
especifica a permuta de superficies do parque empresarial ordense.
*